Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 1996 Páx. 1.357

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (391/1994).

Gonzalo-Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela

Certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de xuízo de separación número 391/1994, que ten encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia.-Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, viu os presentes autos de proceso de familia, sobre separación seguidos neste xulgado baixo o número 391/1994, por instancia de María de las Mercedes de la Iglesia Gómez, representada polo procurador Gómez Martín e defendida polo letrado Sánchez Campos contra José Manuel López Barreiros, en situación procesual de rebeldía e sendo parte o Ministerio Fiscal.

Decido.-Que debo estimar e estimo a demanda interposta polo procurador Gómez Martín, en nome e representación de María de las Mercedes de la Iglesia Gómez contra José Manuel López Barreiro declarado en rebeldía procesual e o Ministerio Fis

cal, decretando a separación de ámbolos cónxuxes, cos demais efectos legais inherentes e os que se deixan sinalados na fundamentación xurídica desta resolución. Notifíquese a presente resolución ó demandado rebelde nalgunha das formas legalmente previstas.

Firme esta resolución, comuníquese de oficio ó Rexistro Civil en que conste inscrito o matrimonio dos litigantes.

Contra esta resolución poderase interpor neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia preinserta foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e para que sirva de notificación en forma á demandada en situación procesual de rebeldía, José Manuel López Barreiro, domiciliado na rúa Salvadas (Vista Alegre) Talleres Bastón de Santiago de Compostela, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o once de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

0515