Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 1996 Páx. 1.358

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (48/1995).

Gonzalo-Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela.

Certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de xuízo de divorcio número 48/1995, que ten como encabezamento e parte dispositiva os seguintes:

«Sentencia.-Na cidade de Santiago de Compostela o catro de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela e o seu partido, viu os presentes autos de proceso de familia, sobre divorcio seguidos neste xulgado baixo o número 48/1995, por instancia de Balbina Uzal Millán, domiciliada nas Fontiñas, rúa Berna Poral L. 4 B, Santiago de Compostela, representada polo procurador Merelles Pérez e defendida polo letrado Botana Castro e contra Manuel Valo Boo, en situación procesual de rebeldía.

Decido: que debo estimar e estimo a demanda de divorcio instada por Balbina Uzal Millán, representada polo procurador Merelles Pérez contra Manuel Valo Boo, decalarado en rebeldía procesual, decretando a disolución por divorcio do matrimonio dos citados cónxuxes, cos demais efectos legais inhe

rentes á dita declaración e sen facer condena en canto ás custas procesuais.

Notifíquese a presente cédula ó demandado rebelde nalgunha das formas legalmente previstas.

Asine esta reslución, comuníquese de oficio ó Rexistro Civil no que conste inscrito o matrimonio dos litigantes.

Contra esta resolución poderá interporse neste xulgado recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia preinserida foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a suscribe; e para que conste e para que sirva de notificación en forma á demandada en situación procesual de rebeldía, Manuel Valo Boo, que ten o último domicilio en Oural, Boqueixón, A Coruña, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o quince de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

0513