Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 1996 Páx. 1.357

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (23/1996-02).

En virtude do acordado en resolución do día de hoxe, dictada no xuízo de divorcio 23/1996, que se segue neste xulgado por instancia de Carmen Porto Pais, representado polo procurador Merelles Pérez, en designación recaída en quenda de oficio, contra Leopoldo Hernández Parente e o Ministerio Fiscal por medio da presente cédula emprázase a Leopoldo Hernández Parente, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que, no prazo de vinte días, compareza en autos e conteste a demanda, coa prevención de que de non o facer será declarado en rebeldía e se dará por contestada a demanda, notificándolle a dita resolución e as demais que se dicten nos estrados do xulgado.

Santiago de Compostela, quince de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

0443