Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 1996 Páx. 1.356

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 1996 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 47/1995 de corpos docentes universitarios convocado por esta universidade.

De conformidade coa sentencia do Tribunal Constitucional, do 27 de febreiro de 1987 (BOE do 24 de marzo), que modifica o Art. 93.3º da Lei 11/1983, de reforma universitaria, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro), sobre o procedemento para a designación dos membros das comisións que han de xulga-los concursos de méritos para a provisión de pra

zas de corpos docentes universitarios, e a teor do establecido no Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e o Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño.

Este rectorado resolve nomea-la comisión titular e suplente que vai xulga-lo concurso de méritos convocado por Resolución do 16 de outubro de 1995 (BOE do 14 de novembro).

A comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución, os interesados poderán presentar reclamación ante o rector da Universidade da Coruña, no prazo de quince días hábiles, a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 26 de xaneiro de 1996.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: dereito romano.

Praza nº: 47/1995.

Comisión titular.

Presidente: Fernández Barreiro, Alejandro, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Rodríguez Montero, Ramón Perfecto, profesor titular de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais: Rodríguez Ennes, Luis, catedrático de universidade. Universidade de Vigo.

Daza Martínez, Jesús, catedrático de universidade. Universidade de Alacante.

Suárez Beázquez, Guillermo, profesor titular de universidade. Universidade de Vigo.

Comisión suplente.

Presidente: Reimundo Llanes, Benito María, catedrático de universidade. Universidade de Burgos.

Secretario: Sáinz López, Victoriano, profesor titular de universidade. Universidade de Alacante.

Vocais: García Sánchez, Justo, catedrático de universidade. Universidade de Oviedo.

Panero Gutiérrez, Ricardo, catedrático de universidade. Universidade de Barcelona.

Viñas Otero, Antonio, profesor titular de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

0561