Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 1996 Páx. 1.351

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector de bebidas refrescantes e analcohólicas.

Visto o expediente do convenio colcetivo do sector de bebidas refrescantes e analcolhólicas, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 28-12-1995, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Bebidas Refrescantes e Analcohólicas, da parte social por Comisións Obreiras e Confederación Intersindical Galega, o día 14-12-1995, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscricición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Realcións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de xaneiro de 1996.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Convenio colectivo provincial de bebidas refrescantes e analcohólicas 1995 e 1996.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo regulará, a partir da súa entrada en vigor, tódalas empresas dedicadas ás industrias de bebidas refrescantes, gasosas, xaropes, orchatas e tódalas abranguidas na ordenanza laboral do 14 de maio de 1977.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

O presente convenio é de ámbito provincial e afecta os centros de traballo abranguidos no seu ámbito funcional, sitos no territorio da provincia da Coruña, aínda cando o domicilio das empresas radique fóra deste.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Quedan afectados polo presente convenio tódolos traballadores que presten servicios nas empresas

antes indicadas, calquera que sexa a súa categoría profesional.

Artigo 4º.-Vixencia.

A vixencia deste convenio establécese desde o 1 de xaneiro de 1995 ata o 31 de decembro de 1996.

O 31 de decembro de 1995 axustarase o incremento salarial pactado, 4%, ó IPC real, e incrementaranse, se é o caso, os salarios na cifra que supere a dita porcentaxe, para efectos do cálculo dos salarios do segundo ano de vixencia, que será dun 3,5% sobre os que resulten do primeiro.

Ó 31 de decembro de 1996 axustarase o incremento salarial pactado, 3,5% ó IPC real de 1996 e incrementaranse, se é o caso, os salarios na cifra que supere a dita porcentaxe, dándolle efectos do 1 de xaneiro de 1996.

Artigo 5º.-Prórroga e denuncia.

A denuncia para a negociación do convenio deberá realizarse cunha antelación mínima dun mes á data da súa finalización ou de calquera das súas prórrogas, e contarase este prazo desde a data de entrada da correspondente denuncia na Delegación de Traballo, sen prexuízo do establecido no Estatuto dos traballadores.

O convenio prorrogarase por anos sucesivos nos seus mesmos termos, se ningunha das partes o denuncia no prazo establecido.

Artigo 6º.-Dereitos adquiridos.

Naquelas empresas que teñan establecidas por convenio ou pacto determinadas condicións máis beneficiosas no seu conxunto cás pactadas neste convenio, os traballadores poderán optar por unha das normas, que rexerá na súa totalidade como norma única.

Artigo 7º.-A comisión paritaria será un órgano de interpretación, arbitraxe e vixilancia do cumprimento do presente convenio.

As funcións serán:

1. Interpretación auténtica do convenio.

2. Arbitraxe dos problemas ou cuestións que lle sexan sometidas por ámbalas partes, de común acordo, en asuntos derivados deste convenio.

3. Conciliación facultativa nos problemas colectivos, con independencia das atribucións que, por norma legal, poidan corresponderlles ós organismos competentes.

4. Vixilancia do cumprimento do pactado.

A comisión comporase dun presidente, que poderá se-lo do convenio e actuará como mediador, con voz pero non con voto, e de seis vocais, tres por cada parte, entre os que actuaron na deliberación do convenio. O presidente levantará acta dos acordos e resolucións que adopte a comisión, que deberán ser asinados polos señores que interveñan. Poderá

nomearse un asesor ou exporte por cada representación, aínda que estes non terán dereito a voto.

A comisión, en primeira convocatoria, non poderá actuar sen a presencia de tódolos vocais e, en segunda, que se celebrará o seguinte día hábil, actuará cos que asistan, tendo voto, unicamente en número paritario, os vocais presentes, sexan titulares ou suplentes.

A comisión reunirase a pedimento de calquera das partes, e poranse de acordo os vocais co presidente sobre o lugar, día e hora da reunión.

Ámbalas partes conveñen en darlle coñecemento á comisión paritaria para calquera cuestión derivada da interpretación e de calquera aplicación do convenio.

A comisión estará formada polos seguintes señores:

-Parte empresarial:

José Espiñeira Bermúdez

Antonio Landeira

Antonio Galán Díaz

-Parte social:

Alfonso Quintana (CC.OO)

Juan Alvarez Espiñeira (UGT)

Artigo 8º.-Salario base.

O salario base establecido para tódalas categorías é o que figura na táboa salarial anexa.

Artigo 9º.-Antigüidade.

Establécense dous bienios do 5% do salario base de cualificación e sete trienios do 6%.

Artigo 10º.-Horas extraordinarias.

As empresas afectadas polo presente convenio comprométense a reducir ó mínimo indispensable o número de horas extraordinarias e, neste sentido, acórdase:

1. Horas extraordinarias habituais: supresión.

2. Horas extraordinarias que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, así como no caso de risco de perda de materias primas: realización, logo de informe ó comité de empresa ou delegados sindicais.

3. Co fin de cualifica-lo concepto de hora extraordinaria estructural, entenderanse como tales as necesarias por períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quendas ós de carácter estructural derivados da natureza do traballo do que se trate ou mantemento. Todo iso sempre que non poidan ser substituídos por contratacións temporais a tempo parcial previstas na lei.

Tamén en relación co obxectivo de estimula-la creación de emprego a través da reducción das horas extraordinarias, as partes coincidiron na importancia do estricto cumprimento do artigo 35 do Estatuto dos traballadores. O incumprimento deste artigo será considerado falta grave para efectos do disposto no artigo 57 do Estatuto.

A dirección das empresas informará periodicamente o comité de empresa e delegados de persoal sobre o número de horas extraordinarias realizadas, especificando as causas e, se é o caso, a distribución por seccións e tarefas.

O valor hora extraordinaria:

Salario bruto

---------------- X 175

Horas de traballo

Artigo 11º.-Pagas extra.

Os traballadores afectados polo presente convenio percibirán tres pagas extraordinarias que se denominan, de verán, Nadal e participación en beneficios. As ditas pagas percibiranse na primeira quincena de xullo, de decembro e antes do 31 de maio, respectivamente. A súa contía será de trinta días de salario máis antigüidade. Nelas aboarase o plus de convenio.

Artigo 12º.-Pluses.

Os traballadores afectados polo seguinte convenio desfrutarán dos seguintes plus:

1. Plus de convenio; o seu importe para cada categoría vén recollido nas táboas que figuran como anexo.

2) Un plus de transporte co fin de compensa-los gastos de transporte por un importe de 16.000 ptas./mes para o ano 1995 e 16.560 ptas./mes para o ano 1996; descontaranse 650 ptas. por cada día laborable que se falte ó traballo, calquera que sexa a causa, agás nos casos previstos no artigo 18º.

Artigo 13º

Establécese para o período de vixencia do convenio a seguinte xornada laboral:

-Meses de xaneiro, febreiro, marzo, outubro e novembro: trinta e nove horas semanais de luns a venres.

-Meses de abril, maio e decembro: corenta horas semanais, de luns a venres.

-Meses de xuño, xullo, agosto e setembro: corenta e catro horas semanais, de luns a venres.

As empresas, por períodos punta de actividade, están facultadas seis sábados ó ano, á súa elección, para realizaren traballos sen supera-lo cómputo pactado.

Poderán, así mesmo, negociar cos seus traballadores, nas condicións que libremente pacten, o incremento de sábados laborables.

Se durante a vixencia do convenio se modifica a xornada máxima legal por disposición de rango superior, ámbalas partes comprométense a aceptala nos seus propios termos, quedando sen efecto a xornada anterior.

En ningún caso se poderá supera-la xornada de 1.810 horas en cómputo anual.

Artigo 14º.-Vacacións.

Establécense vintedous días laborables de vacacións para o persoal fixo. Para o eventual ou de campaña, establécese o disposto na ordenanza laboral.

A época de desfrute será segundo sinala a ordenanza. Non obstante, aquelas que teñan programada unha rotación de vacacións ó longo do ano establecerán a seguinte escala para o desfrute da bolsa extraordinaria:

-Novembro, decembro, xaneiro e febreiro, 22 días de salario base, máis antigüidade, máis plus de convenio.

-Marzo, abril, maio e outubro, 19 días de salario base, máis antigüidade, máis plus de convenio.

-Xuño, xullo, agosto e setembro, 14 días de salario base, máis antigüidade, máis plus de convenio.

Cando as vacacións coincidan en dous períodos diferentes, a bolsa repartirase proporcionalmente ós días que corresponda cada un deles.

Artigo 15º.-Licencias.

Os traballadores afectados polo presente convenio, logo de aviso e xustificación, poderán ausentarse do traballo con dereito a remuneración por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Cinco días naturais en caso de parto da esposa.

c) Tres días en caso de enfermidade grave ou falecemento de parentes, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando, por tal motivo, o traballador necesita facer un desprazamento para o efecto, será de catro días.

d) Dous días por traslado do domicilio habitual.

e) O tempo necesario para o cumprimento de funcións de carácter sindical ou público, sempre que medie a oportuna e previa convocatoria e subseguinte xustificación da utilización do período convocado e non exceda de cinco días alternos e dous consecutivos no transcurso do mesmo mes.

f) Un día por asuntos propios, que non será acumulable a ningún outro permiso nin ás vacacións.

Artigo 16º.-Excedencias.

Os traballadores que leven un ano ó servicio da empresa teñen dereito a que se lles recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria, por un prazo non inferior a seis meses nin superior a cinco anos. Este dereito só poderá ser exercitado unha vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

O traballador excedente conservará só un dereito preferente ó reingreso das vacantes de igual ou similar categoría á súa que houbese ou se producisen na empresa, salvo que a excedencia fose por un prazo de seis mesess, caso no que se produciría o reingreso automático ó finaliza-la excedencia.

A excedencia forzosa, que dará dereito á conservación do posto de traballo e á antigüidade, concederase pola designación ou elección para un cargo público que lle imposibilite a asistencia ó traballo. O mesmo tratamento daráselle ó traballador excedente que ostente cargo provincial ou similar, a nivel de secretario do sindicato respectivo.

Artigo 17º.-Xustificantes.

As empresas facilitaranlles a todos aqueles traballadores que se ausenten do traballo con causa xustificada, sexa cal for, un xustificante.

Artigo 18º.-Incapacidade laboral transitoria.

Nos casos de incapacidade laboral transitoria, as empresas afectadas polo presente convenio complementarán as prestacións da Seguridade Social nas situacións e contías seguintes:

a) Hospitalización e accidente laboral, así como na primeira baixa do ano por enfermidade: ata o 100% dos seus emolumentos desde o primeiro día.

b) Nos casos de segunda ou ulteriores baixas por enfermidade e as producidas por accidente non laboral e ata o quinto día: o 85% dos seus emolumentos. A partir do 5º día, o 100% dos seus emolumentos.

O termo emolumentos entenderase por: salario base, antigüidade, plus convenio e plus de transporte.

Artigo 19º.-Póliza de seguros.

As empresas subscribirán unha póliza de morte por accidente ou invalidez total ou absoluta para tódolos traballadores fixos, por unha cantidade de 2.000.000 de ptas.

Artigo 20º.-Axuda escolar.

Establécese unha axuda escolar, logo de xustificación documental do centro, de 9.000 ptas. por fillo, desde os catro anos, ata que remate os seus estudios de EXB. A dita cantidade será aboada durante o primeiro trimestre do curso escolar.

Establécese unha axuda especial para pais de fillos subnormais, minusválidos polos que se reciba prestación da Seguridade Social en tal concepto, consistente en 4.000 ptas. mensuais por cada fillo en tales condicións.

Artigo 21º.-Gratificacións extras.

Por matrimonio, 12.964 ptas. Por nacemento de fillo, 9.723 ptas.

Para percibir estas gratificacións será necesario ter, como mínimo, un ano de antigüidade na empresa.

Establécese, así mesmo, unha axuda por defunción do traballador que se cifra en 30.000 ptas., que percibirán os seus herdeiros.

Artigo 22º.-Seguridade para o posto de traballo.

Todo traballador que, por calquera causa, non puidese seguir desempeñando o posto de traballo para o que foi contratado, a empresa estará obrigada a outorgarlle un dereito preferente de ocupación das

vacantes que existan, sempre e cando as características do posto habilitado sexan aptas ás condicións físicas e intelectuais do traballador.

Nos casos de conductores contratados como tales e no suposto de retirada do seu carné de conducir, estará obrigada a empresa a respectárlle-los mesmos emolumentos que se estivesen traballando ata que se coñeza a resolución xudicial.

Se a retirada fose por un período superior, ata o máximo dun ano, a empresa adxudicaralle temporalmente un posto de traballo, respectándolle as condicións económicas.

Artigo 23º

A comisión paritaria, por proposta dos comités de empresa, estudiará os ritmos de distribución, co fin de fixa-los criterios de axuda por venda, autovenda e prevenda.

Así mesmo, a dirección da empresa e os comités ou delegados de persoal revisarán os posibles incentivos á producción, reparto e administración.

Artigo 24º.-Xubilación.

O traballador que, por proposta da empresa, se xubile voluntariamnete con anterioridade a cumpri-los sesenta e cinco anos, terá dereito a percibir, por parte da empresa, unha cantidade que, sumada á prestación por xubilación, sexa igual ó salario base máis antigüidade, máis plus de convenio, percibidos o último mes antes de xubilarse. As ditas cantidades percibiraas ata o momento en que cumpra os sesenta e cinco anos.

A xubilación será obrigatoria ós sesenta e cinco anos para tódolos traballadores afectados por este convenio.

Artigo 25º.-Competencias do comité de empresa.

a) Dereito á negociación colectiva.

b) Recibir información que lle será facilitada trimestralmente, polo menos, sobre a evolución xeral do sector económico ó que pertenza a empresa, sobre a situación da producción e vendas da entidade, sobre o seu programa de producción e evolución probable de emprego da empresa.

c) Emitir con antelación suficiente sobre os plans de formación profesional da empresa, proceso de fusión, absorción e modificación do status xurídico da empresa, cando supoña incidencia que afecte o volume de emprego.

d) Emitir informe con carácter previo:

1. Reestructuración de cadro de persoal e cesamentos totais ou parciais, definitivos ou temporais delas.

2. Reduccións de xornada, así como traslado total ou parcial das instalacións.

3. Implantación ou revisión de sistemas de organización e control de traballo.

4. Estudio de tempos, establecemento de sistemas de incentivos e valoración dos postos de traballo.

5. Coñece-los modelos de contrato escritos que se utilicen nas empresas, así como os documentos relativos á terminación da relación laboral.

6. Seren informados de tódalas sancións impostas por faltas moi graves, en especial, en supostos de despedimentos.

7. Dereito a ser oído con carácter de previo a toda decisión de sancións graves ou despedimentos.

8. Ser informado, no referente ás estatíticas, sobre o índice de absentismo e as súas causas, os accidentes de traballo e enfermidades profesionais e as súas consecuencias, os índices de sinistrabilidade, o movemento de ingreso, cesamentos e ascensos e probas de selección.

e) Exercer un labor:

1. De vixilancia no cumprimento das normas vixentes en materia laboral e de Seguridade Social, así como o respecto ós pactos, condicións e/ou usos de empresa en vigor, formulando, se é o caso, as accións legais oportunas ante o empresario e os organismos ou tribunais competentes. Así mesmo, inclúese a capacidade de informar sobre calquera anomalía nos dereitos contractuais do traballador.

2. De vixilancia nas condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo da empresa.

3. De participar, como se determina por convenio colectivo, na xestión de obras sociais establecidas na empresa ou sector, en beneficio dos traballadores ou da súa familia.

4. De colaborar coa dirección da empresa para consegui-lo establecemento de canto procure o mantemento e incremento da productividade da empresa, sempre que pactasen sistemas ou medidas tendentes a conseguila.

f) Recoñeceráselle ó comité de empresa capacidade procesual como órgano colexiado para exercer accións adminstrativas ou xudiciais en todo o relativo ó ámbito da súa competencia.

g) Os membros do comité de empresa e este no seu conxunto observarán o sixilo profesional en todo o referente ós apartados b), c) e d) deste artigo, aínda despois de deixar de pertencer ó comité de empresa e, en especial, en todas aquelas materias sobre as que a dirección e o comité sinalen o seu carácter reservado.

h) Asemblea de traballadores:

1. Dereito a convocar e presidir asembleas, sendo responsable do normal desenvolvemento destas.

Terán a obriga de comunicarlle ó empresario a convocatoria e os nomes das persoas pertencentes á empresa que vaian asistir a elas, e será necesario o consentimento previo da empresa, sempre e cando se celebren nos seus locais, o acceso a esta de persoas alleas.

2. Cando, por traballarse por quendas, por insuficiencia de local ou por calquera outra circunstancia, non poida reunirse simultaneamente todo o cadro de persoal, as diversas reunións parciais que teñan que celebrarse considéranse como unha soa e datada no día da primeira.

3. O lugar da reunión será o centro de traballo se as condicións deste o permiten; esta terá lugar fóra das horas de traballo, nos catro meses de campaña. Nos oito meses restantes disporán dunha hora ó mes dentro da xornada.

A dirección non se poderá opor á celebración dunha asemblea cando esta teña como exclusivo obxecto somete-los traballadores:

a) A declaración ou termo dunha folga.

b) A aprobación da totalidade dun convenio.

c) En caso de demisión ou elección dos representantes sindicais.

A dirección poderá oporse:

a) Se transcorrese menos dun mes despois da última reunión celebrada.

b) Se aínda non se resarcise ou afianzase o pagamento polos danos materiais producidos por alteracións ocorridas nalgunha anterior asemblea.

4. A convocatoria con exposición da orde do día, proposta polos convocantes, comunicaráselle ó empresario con 48 horas de antelación como mínimo e este deberá xustifica-la recepción.

i) Os membros do comité de empresa disporán dun crédito de horas retribuídas para o exercicio das súas funcións de representación, de acordo coa seguinte escala.

* Ata 100 traballadores: 15 horas.

* De 101 a 250 traballadores: 20 horas.

As horas serán acumulables entre os diferentes membros do comité de empresa dentro de cada mes.

j) Garantías:

1. Prioridade de permanencia na empresa ou centro de traballo respecto ós demais traballadores, nos supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas.

2. Non ser despedido nin sancionado durante o exercicio das súas funcións, nin dentro do ano seguinte á expiración do seu mandato, salvo que esta se produza por revogación ou demisión, sempre que o despedimento ou sanción se basee na acción do traballador no exercicio da súa representación, sen prexuízo, polo tanto, do establecido no artigo 54 do Estatuto dos traballadores.

3. No suposto de existir sanción ou despedimento por faltas graves ou moi graves, alleas á súa función como membro do comité de empresa e o delegado do sindicato ó que pertenza, no suposto de que se atopase recoñecido como tal na empresa. En todo suposto que os tribunais declaren a nulidade ou improcedencia do despedimento, será obrigatoria a

readmisión do traballador, sen a posibilidade de indemnización substitutoria, salvo acordo entre as partes.

Artigo 26º.-Seccións sindicais.

Cada central ou sindicato poderá designar respectivamente un delegado entre os traballaores da empresa, sempre que o número dos seus afiliados supere o 10% do total do cadro de persoal.

Seranlle recoñecidas as mesmas garantías cás dos representantes elixidos polos traballadores.

Serán funcións das seccións sindicais:

A) Representar e defende-los intereses do sindicato ó que representen e dos afiliados a este da empresa.

B) Servir de instrumento de comunicación entre a súa central sindical e a dirección da empresa, con talante positivo.

C) Logo de comunicación e aceptación por parte da dirección da empresa, poderán:

1. Difundir publicacións e avisos con carácter sindical.

2. Fixar comunicacións e anuncios de carácter sindical ou laboral nos taboleiros de anuncios que, para tal efecto, existen na empresa.

3. Reunirse nos locais da empresa fóra de horas de traballo.

D) Propor candidatos ás eleccións para cubrir postos do comité de empresa.

E) Serán, así mesmo, informados e oídos pola empresa con carácter previo:

1. Acerca dos despedimentos e sancións que afecten os afiliados do sindicato.

2. En materia de reestructuración do cadro de persoal, regulacións de emprego, traslado de traballadores e sobre todo proxecto ou acción empresarial que poida afectar substancialmente os intereses dos traballadores.

F) Cota sindical: a requirimento dos traballdores afiliados ás centrais sindicais ou sindicatos que ostenten a representación á que se refire este apartado, as empresas descontarán da nómina mensual dos traballadores o importe da cota correspondente.

O traballador interesado na realización de tal operación remitiralle á dirección da empresa un escrito no que se expresará con claridade a orde de desconto, a central ou sindicato a que pertenza, a contía da cota, así como o número da conta corrente ou cartilla da Caixa de Aforros á que debe ser transferida a correspondente cantidade. As empresas efectuarán as anteditas detraccións, salvo indicación en contrario, por períodos dun ano.

Naquelas empresas onde as seccións sindicais conten con máis de cinco traballadores, o seu representante terá dereito a dez horas para exerce-lo seu labor sindical. Estas horas non poderán ser acumuladas ás que xa desfrutase polo exercicio de calquera outro cargo de representación na empresa.

Artigo 27º.-Cláusula de desenganche.

As porcentaxes de incremento salarial establecidas neste convenio non serán de necesaria ou obrigada aplicación para aquelas empresas que acrediten obxectiva e fidedignamente situacións de déficit ou perdas materiais nos exercicios contables de 1993 e 1994. Así mesmo, teranse en conta as previsións para o 1995.

Nestes casos trasladaráselles ás partes a fixación do aumento do salario. Para valorar esta situación, teranse en conta circunstancias tales como insuficiente nivel de producción e vendas e entenderanse os datos que resulten da contabilidade da empresa, dos seus balances e das súas contas de resultados.

Os representantes legais dos traballadores están obrigados a tratar e manter na maior reserva a información recibida e os datos ós que tivesen acceso a consecuencia do establecido nos parágrafos anteriores, observando, polo, respecto a todo iso, sixilo profesional.

En caso de discrepancia sobre a valoración dos ditos datos, poderán utilizarse informes de auditores ou censores de contas, atendendo as circunstancias e dimensións das empresas.

En función da unidade de contratación na que se atopen abranguidas as empresas que aleguen as ditas circunstancias, deberán presentar ante a representación dos traballadores a documentación precisa ( balances, contas de resultados e, se é o caso, informe de auditores ou censores de contas ) que xustifiquen un tratamento salarial diferenciado.

Neste sentido, nas de menos de 25 traballadores e en función dos custos económicos que isto implica, substituirase o informe de auditores ou censores xurados de contas, pola documentación que resulte precisa dentro da sinalada nos parágrafos anteriores, para demostrar fidedignamente a situación de perdas.

Artigo 28º.-Axudas de custo.

Cando os traballadores teñan que permanecer fóra da súa localidade, ademais do correspondente salario, percibirán 4.270 ptas. diarias en concepto de compensación por gastos de desprazamento. Se regresan ó seu punto de residencia o mesmo día, a contía será de 1.385 ptas.

Artigo 29º.-Contratación.

Tódolos traballadores que ingresan nunha empresa deben percibi-lo salario previsto para a súa categoría neste convenio.

Exceptúanse os traballadores menores de idade, os que teñan contrato en prácticas ou formación, sempre que non teñan a categoría de peón. Estes traballadores rexeranse polo decreto de salario mínimo.

Artigo 30º.-Cláusula adicional.

No previsto no presente convenio, haberá que aterse ó establecido na ordenanza laboral de industrias de bebidas refrescantes do 14 de maio de 1977,

Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais vixentes. No suposto de que durante a vixencia deste convenio fose derrogada a ordenanza laboral, considerarase prorrogada na súa vixencia ata o 31 de decembro de 1996 exclusivamente, e deberán as partes no convenio de 1997 negociar aquelas materias dela que consideren de interese.

TÁBOA SALARIAL 1995

CategoríaSalarioPlus

convenio

Cómputo

anual

Peón62.19315.3001.354.395
Subalterno67.41815.6921.438.650
Axudante71.69315.4511.499.160
Oficial de segunda76.12614.3471.549.095
Oficial de primeira79.92214.5021.608.360
Encargado grupo88.31113.9601.726.065
Encargado sección105.24613.7041.976.250
Encargado xeral125.81513.0532.275.020
Plus transporte16.000

TÁBOA SALARIAL 1996

CategoríaSalarioPlus

convenio

Cómputo

anual

Peón64.05915.8351.397.130
Subalterno69.77816.2411.489.005
Axudante74.20215.9921.551.630
Oficial de segunda78.79014.8491.603.305
Oficial de primeira82.71915.0091.664.640
Encargado grupo91.40214.4491.786.485
Encargado sección108.93014.1842.045.430
Encargado xeral130.21813.5102.354.640
Plus transporte16.560

0833