Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 1996 Páx. 1.340

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 23 de xaneiro de 1996 pola que se convoca concurso de proxectos de formación do profesorado en centros docentes.

O Estatuto de autonomía de Galicia establece, no seu artigo 31, a súa competencia plena para o regulamento e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias e sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que o desenvolven.

A Lei orgánica 1/1990, de ordenación xeral do sistema educativo, dispón que as administracións educativas planificarán as actividades de formación do profesorado e fomentarán a autonomía pedagóxica e organizativa dos centros, favorecendo e estimulando o traballo en equipo dos profesores (artigos 56 e 57).

Pola súa parte, dentro do Plan Galego de Formación Continuada do Profesorado, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recolle como modalidade fundamental de formación do profesorado a formación en centros. Esta modalidade responde a dúas ideas básicas:

a) Darlles resposta ás necesidades de formación do profesorado identificadas no propio centro.

b) Fomenta-la colaboración entre os profesores do centro e os asesores implicados nas diferentes

fases do proxecto: planificación, desenvolvemento, avaliación.

Isto supón a participación do profesorado no deseño da súa propia formación, desde unha perspectiva de equipo e en función dun proxecto conxunto. Coa finalidade de facilita-lo desenvolvemento de proxectos de formación nos propios centros docentes cómpre, un ano máis, proceder a facer pública a oportuna convocatoria que, no presente caso, aposta pola consecución dun maior grao de implicación das asesorías técnico-pedagóxicos desde a propia fase planificadora, co convencemento de que esta medida contribuirá a unha maior rendibilidade do esforzo formativo emprendido polo colectivo de profesores.

En consecuencia, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Convocar concurso para seleccionar e subvencionar proxectos de formación do profesorado elaborados polos centros docentes dos niveis educativos non universitarios da Comunidade Autónoma.

Segundo.-Poderán participar nesta convocatoria os centros docentes nos que se impartan ensinanzas de preescolar, educación infantil, educación primaria, EXB, educación especial, educación de adultos, educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional, idiomas, artes aplicadas e oficios artísticos, públicos ou privados concertados, dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Para estes efectos, as escolas unitarias pedirán o proxecto xunto co centro do que dependan.

Terceiro.-Os proxectos terán unha duración dun curso académico.

Cando as circunstancias así o aconsellen, poderase pedir unha ampliación do mesmo proxecto por outro ano.

Cuarto.-Os proxectos de formación poderán tratar dos seguintes aspectos:

a) Preparación teórico-práctica do grupo de profesores para mellora-la súa cualificación na avaliación no marco do proxecto curricular de centro. O fin desta formación sería facilita-la toma de decisións sobre os procedementos para avalia-la progresión dos alumnos e das alumnas na aprendizaxe, sobre os criterios de promoción que se establezan no centro, se é o caso, e sobre os tipos e as características dos informes de avaliación.

b) Formación para realizar desenvolvementos curriculares nunha ou varias áreas, que poden ser nivelar ou internivelar.

c) Formación teórica e práctica de equipos docentes para a elaboración de proxectos curriculares ou proxectos educativos de centro.

Quinto.-As solicitudes e documentación complementaria serán presentadas no centro de formación continuada do profesorado correspondente. O coor

dinador de cada proxecto, a través do director do centro interesado, deberá presentar:

a) Solicitude segundo o modelo do anexo I.

b) Relación do profesorado comprometido no proxecto, que será como mínimo o 60% do claustro, facendo consta-la súa situación administrativa e a súa aceptación (segundo o modelo do anexo II). En ningún caso se admitirán modificacións posteriores en canto a esta relación, agás no caso de que se incorpore algún profesor ó centro ó comezo do curso. Neste caso deberase solicita-la súa inclusión na data que se sinale na resolución, que será como máximo nos 15 días seguintes á publicación da resolución desta convocatoria no DOG.

c) Proxecto de formación no que se desenvolvan os puntos recollidos no anexo III.

d) Acta na que se recolla o informe do claustro de profesores en relación co proxecto de formación.

e) Acta na que se recolla o informe do consello escolar do centro en relación co proxecto de formación.

O equipo de asesores técnico-pedagóxicos do centro de formación continuada axudará á preparación do proxecto que se materializará, polo menos, na elaboración dun plan de traballo. A dirección do centro de formación continuada do profesorado enviará os ditos plans, xunto coa documentación anterior, á delegación provincial correspondente para a resolución da convocatoria.

Sexto.-O prazo de solicitude dos proxectos de formación será de corenta e cinco días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Sétimo.-A selección dos proxectos será realizada pola comisión técnica encargada de elabora-lo plan provincial de formación de cada provincia. Esta comisión estará formada por:

O inspector ou inspectora responsable de programas de formación na provincia como presidente.

-Os directores e directoras dos centros de formación continuada do profesorado da provincia.

-Dous membros do Servicio da Inspección Educativa Provincial.

-Dous asesores técnicos-pedagóxicos, propostos polos directores/as dos centros de formación continuada do profesorado. Na proposta terase en conta que exista representatividade dos distintos niveis educativos, considerando, para o efecto, o nivel de procedencia da directora ou director do centro.

-Un funcionario/a da delegación provincial, con voz e sen voto, que actuará como secretario.

A comisión, se o considera necesario, poderá pedi-lo asesoramento de persoas ou organismos relacionados coa formación permanente do profesorado.

Oitavo.-A comisión técnica provincial, no prazo de vinte días naturais a partir do seguinte ó de fina

lización de presentación de solicitudes, estudiará os proxectos e efectuará unha proposta de selección, de acordo cos aspectos mencionados no apartado cuarto desta orde e tendo en conta os obxectivos e prioridades establecidos no Plan Provincial de Formación Permanente do Profesorado.

Noveno.-Do proceso de selección redactarase a acta correspondente, na que se recollerá:

Título dos proxectos aprobados.

Orzamento asignado a cada proxecto, desagregado desglosado por conceptos.

Nome do centro.

Cefocop que lle corresponde por adscrición.

Numero de horas anuais previstas para a realización do proxecto.

Copias dos anexos I e II de cada proxecto, incluídos os dos denegados e dos excluídos.

Esta documentación será enviada á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Décimo.-A aprobación definitiva dos proxectos será realizada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e farase pública no Diario Oficial de Galicia.

No suposto de non resolverse expresamente esta convocatoria no prazo de tres meses, e sen prexuízo da súa posterior resolución, as solicitudes entenderanse desestimadas.

Décimo primeiro.-Os centros de formación continuada do profesorado, sen prexuízo da colaboración que poidan proporcionar outras institucións ou organismos, ofrecerán apoio técnico, así como asesoramento para a elaboración e desenvolvemento dos proxectos: colaborarán no deseño do proxecto, orientarán o desenvolvemento do traballo, organizarán e/ou impartirán módulos formativos e implicaranse no proceso de avaliación do devandito proxecto. Tamén elaborarán un informe logo da lectura da memoria final.

Ó coordinador do proxecto asistirá a unha actividade previa ó comezo, que organizará o Cefocop ó que está adscrito o centro.

Décimo segundo.-A xestión económica dos proxectos seleccionados realizarana os centros de formación continuada do profesorado, con cargo ó orzamento do Plan Provincial de Formación. A contía máxima da axuda concedida ó centro por medio desta convocatoria para o desenvolvemento do proxecto será de 250.000 pesetas.

O desenvolvemento do proxecto poderá xera-los seguintes gastos:

Docencia.

Material funxible.

Bibliografía.

Desprazamentos (cando sexa necesario para o desenvolvemento dalgunha actividade proposta).

Décimo terceiro.-Correspóndelle á comisión técnica prevista no punto sétimo, ademais da selección, o seguimento dos proxectos aprobados. As funcións serán as seguintes:

a) Velar por que se cumpran as condicións establecidas na aprobación definitiva do proxecto.

b) Reclamarlles ós dos coordinadores de cada proxecto a memoria final e as actas de traballo co número de horas realizadas.

c) Supervisa-la xustificación de gastos.

d) Propoñerlle á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros a suspensión da continuidade daqueles proxectos que durante o seguimento se deduza que non se axustan ó proxecto aprobado ou que non se acadan os obxectivos previstos. Esta circunstancia poderá supoñe-la devolución das axudas percibidas en virtude desta convocatoria, exercitándose se é o caso, as accións legais pertinentes para esixi-lo reintegro correspondente.

e) Informar á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da marcha dos diferentes proxectos mediante: informes de seguimento, se é o caso, informes finais, así como toda aquela información que se considere necesaria ou sexa requirida pola consellería.

f) Propoñe-la certificación dos participantes nos proxectos unha vez concluído este, entregada a memoria final e valorada positivamente.

Décimo cuarto.-Os centros seleccionados presentaranlle á comisión técnica provincial unha memoria final ó remate do proxecto axustándose ó modelo do anexo IV desta orde.

Décimo quinto.-O director ou directora do centro de formación continuada do profesorado expediralles ós profesores certificado acreditativo da súa participación no proxecto realizado, unha vez feita a proposta pola comisión técnica.

No dito certificado constará o número de horas realizadas segundo conste nas actas presentadas, sen superar, en ningún caso, o número máximo de horas por curso fixado no anexo III.

Décimo sexto.-Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros para dicta-las instruccións necesarias para a aplicación e desenvolvemento desta orde.

Décimo sétimo.-A presente orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 1996.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Sr. Director Xeral de Ordenación Educativa e Centros

ANEXO I

MODELO DE SOLICITUDE

CONCURSO DE PROXECTOS DE FORMACIÓN NOS PROPIOS CENTROS DOCENTES

Título do proxecto:
Coordinador/a
Don/Dona NRP NIF
Director/a do centro
Enderezo Localidade CP

Concello Provincia Telf.

Nº total de profesores do centro

Tipo de centro: públicop privado concertadop

Solicita participar durante o curso académico 1996-1997 na convocatoria de formación do profesorado en centros docentes, de acordo coa Orde do 23 de xaneiro de 1996.

......................................, ......... de...................... de 1996.

O/A coordinador/a,

Vº e prace do/a

Director/a

Asdo.:..................................

Sr. Delegado Provincial da Consellería de Edcucación e Ordenación Universitaria de

ANEXO II

RELACIÓN DO PROFESORADO COMPROMETIDO NO PROXECTO DE FORMACIÓN

Título do proxecto:

Centro:

Coordinador/a:

Nome e apelidosÁrea/sNIFNRPSituación

administrativa

Sinatura

O profesorado arriba mencionado comprométese a tomar parte neste proxecto presentado, nas condicións que se determinan na Orde do 23 de xaneiro de 1996, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

...................................., .............. de......................... de 1996.

Vº e prace do/a director/a O/A coordinador/a

Asdo.:................................... Asdo.:.......................

ANEXO III

GUIÓN PARA A ELABORACIÓN DO PROXECTO

1. Aspecto e modalidade que se pretende traballar, segundo o punto cuarto.

2. Xustificación do proxecto de formación no centro.

3. Obxectivos do proxecto.

4. Programa de contidos, actividades e metodoloxía que se vai seguir.

5. Modalidades de formación e accións formativas que se consideran prioritarias para o logro dos obxectivos. Organización de recursos humanos e materiais.

6. Temporalización do proxecto. Calendario aproximado e horas estimadas (entre 50 e 75 por curso escolar) para a realización do proxecto.

7. Necesidades orzamentarias (tendo en conta o establecido no apartado décimo segundo desta orde).

8. Criterios para a avaliación do proxecto.

ANEXO IV

GUIÓN PARA A MEMORIA FINAL

1. Características xerais e particulares do contexto no que se desenvolveu o proxecto.

2. Consecución dos obxectivos do proxecto:

-Propostos inicialmente.

-Acadados ó finaliza-lo proxecto.

3. Elementos persoais que participaron no proxecto.

-Profesores participantes que recibiron formación.

-Profesionais e institucións que impartiron ou coor-

dinaron a formación.

4. Actividades realizadas. Axuste coa temporalización inicial.

5. Número de horas realizadas.

6. Modificacións, se é o caso, no proxecto inicial ó longo da súa posta en marcha en canto a:

-Obxectivos.

-Contidos.

-Actividades.

-Metodoloxía.

-Recursos.

7. Síntese do proceso de avaliación empregado ó longo do proxecto.

8. Conclusións: logros do proxecto e incidencia no centro docente.

9. Materiais elaborados.

10. Actas das reunións de traballo e das actividades de formación para efectos de certificación e rexistro. Nas actas deben aparecer tódolos profesores que participaron no proxecto, así como as incidencias máis salientables.

975