Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 1996 Páx. 1.340

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 1996 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Viajes Barceló, S.L., sita na rúa Marqués de Valladares, 4 de Vigo (Pontevedra).

Visto o expediente instruído por instancia de Simón Pedro Barceló Vadell, na súa calidade de representante de Viajes Barceló, S.L., co número de identificación Bal-005 M/M, en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento, na r/ Marqués de Valladares, 4 de Vigo (Pontevedra), da axencia de viaxes Viajes Barceló, S.L., que ten a súa casa central na rúa Avda. Alejandro Rosselló, 34 B de Palma de Mallorca (Baleares).

Resultando que o interesado xunto coa solicitude achegou toda a documentación a que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Resultando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes, sito na r/ Marqués de Valladares, 4 de Vigo (Pontevedra), concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o

Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 4 de outubro de 1995 da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se delega no secretario xeral para o Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos das axencias de viaxes xa autorizados, esta secretaría xeral para o Turismo,

RESOLVE:

Autorizarlle á axencia de viaxes Viaxes Barceló, S.L., sita na r/ Avda. Alejandro Rosselló, 34 B de Palma de Mallorca, da que é representante Simón Pedró Barceló Vadell, a apertura dun novo establecemento na rúa Marqués de Valladares, 4 de Vigo (Pontevedra), que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega.

Contra esta resolución o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 1996.

P.D. (Orde 4-10-1995)

Francisco García-Bobadilla Prósper

Secretario xeral para o Turismo

798