Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 1996 Páx. 1.325

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a proposta de resolución que formula o instructor dos expedientes sancionadores en materia de pesca fluvial P-189/1995 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución por infracción a Lei 7/1992 de 24 de xullo, de pesca fluvial.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real Decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente no Servicio Técnico Xurídico desta Delegación Provincial, Ronda da Muralla, 197-2º, Lugo, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

ANEXO I

-Expediente P-189/1995.

Denunciado: Eugenio Losada Vázquez.

Enderezo: Botos, Lalín-36519; Pontevedra.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca no couto de pesca sen morte do río Neira-Couto Valdriz o día 28-4-1995, incumprindo as prescricións especiais dictadas pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para determinados treitos ou masas de auga; carecendo de permiso de couto, e usar como cebo mosca con boia e harpón en anzó. Orde do 24-2-1995 (DOG do 13-3-1995).

Precepto sancionador: 33.9º, 34.10º e 34.14º

Sanción: 70.000 ptas. de multa e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

-Expediente P-208/1995.

Denunciado: José Fernández Soto.

Enderezo: Barrio Nuevo, 27; Cangas de Narcea-Asturias.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca empregando mais canas das permitidas (tres canas). Feitos ocorridos o día 19-5-1995 no río Ibias, ponte de Santalla.

Precepto sancionador: 33.4º

Sanción: 10.000 ptas. de multa.

-Expediente P-237/1995

Denunciado: Avelino Saavedra Corral.

Enderezo: Vallfogona, 10-1º-1ª; Barcelona-08012.

Feito denunciado: pescar en tramo coutado do río Parga en Baamonde, sen o correspondente permiso de couto. Feitos constatados o 11-6-1995.

Precepto sancionador: 34.10º

Sanción: 50.001 ptas. de multa e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

-Expediente P-300/1995.

Denunciado: Joaquín Vieito Parga.

Enderezo: San Vicente de Coeo, 18; Lugo-27190.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca nunha zona coutada, carecendo do permiso regulamentario. Feitos ocorridos no couto de Quinte-río Miño-lugar Ponte Area- Páramo o día 23-7-1995.

Precepto sancionador: 34.10º

Sanción: 50.001 ptas. de multa e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

Lugo, 22 de xaneiro de 1996.

José Ángel Madarro Río

Instructor do expediente

822