Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 1996 Páx. 1.325

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 23 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, para os pagamentos de indemnizacións do prezo xusto do proceso expropiatorio e servidumes de instalacións eléctricas. (Expediente número 52681).

Fáiselles saber a tódolos propietarios dos predios contidos no expediente de expropiación e imposición de servidume de paso, sobre bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica a 132 kV desde a subestación de Mourela (As Pontes) ata o apoio nº 20 da liña Cornido-Mera, do que e beneficiario a entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na rúa Fernando Macías nº 2, 15004 A Coruña, que o día 6 de marzo de 1996, ás 11 horas procederase na Casa do Concello das Pontes de García Rodríguez, ás 12 horas na Casa do Concello de San Sadurniño e ás 13 horas na Casa do Concello de Neda, ós pagamentos do prezo xusto, conforme as indemnizacións determinadas polo Xurado Provincial de Expropiación, advertíndolles ós interesados expropiados, os cales serán notificados individualmente, que os pagamentos se realizarán de conformidade cos artigos 48, 49 e 50 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 48, 49, 50 e 51 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957.

As relacións dos predios ós que proceden os pagamentos expóñense xunto con este anuncio nos tabo

leiros oficiais desta delegación e dos concellos a que corresponden.

A Coruña, 23 de xaneiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

735