Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 1996 Páx. 1.326

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a adxudicación do procedemento negociado das obras de recuperación de areeiras da Limia, II, primeira fase-1995, e outra máis.

Por Resolución do 22 de agosto de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes anunciouse o citado procedemento negociado.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da consellería resolveu adxudicarlles as obras ás empresas:

1. Recuperación de areeiras da Limia, II, 1ª fase-1995 (7525).

Excavaciones Manuel Rodríguez, S. L., importe de adxudicación: 6.145.673 pesetas.

2. Proxecto de afirmado do camiño A Devesa-San Fins, Parque Natural do Monte Aloia (Tui-Pontevedra) (8518).

Projari del Medio Natural, S.L. (Primen), importe de adxudicación: 11.850.668 pesetas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Candería e Montes

823