Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 1996 Páx. 1.285

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (58/1992).

Na cidade de Santiago de Compostela o once de marzo de mil novecentos noventa e dous.

O maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos desta capital, vistos os presentes autos de xuízo executivo, promovidos por Harinas Arias Alfageme, S.A., representado pola procuradora Mª del Carmen Esperanza

Álvarez, e baixo a dirección do letrado, contra Industrias Isaac, S.L. declarado en rebeldía,

...(seguen antecedentes de feitos e razoamentos xurídicos)...

Decido: que estimando a demanda interposta por Harinas Arias Alfageme, S.A., debo mandar e mando seguir adiante a execución ata facer remate dos bens embargados ó executado Industrias Isaac, S.L., co fin de pagar co seu producto enteiro a suma de seis millóns de pesetas de principal e dous millóns cincocentas mil pesetas orzadas para xuros, gastos e custas, con imposición ó demandado das custas do procedemento.

Pola rebeldía do executado, notifíquese esta resolución na forma prevista no Art. 769 da Lei de axuizamento civil, se non se pide a súa notificación persoal no prazo de dez días.

Contra esta sentencia poderá interpoñerse neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E expido a presente sentencia para que lle sirva de notificación en legal forma á parte demandada que se encontra en ignorado paradoiro.

Dado en Santiago de Compostela o vinteún de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

0784