Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 1996 Páx. 1.286

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 24 de xaneiro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución dictada polo conselleiro no recurso interposto contra resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra e devolta polo servicio de correos (expediente 36-R-9/1994).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados, cos datos e últimos domicilios coñecidos na resolución do recurso ordinario nº V-0096/1995, relativo ó expediente nº 36-R-9/1994, interposto por Edelmira Castro Alonso con domicilio de Macadín-Moreira-Ponteareas (Pontevedra); da que a súa parte dispositiva di:

«Desestima-lo recurso ordinario número V-0096/1995, interposto por Edelmira Castro Alonso contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) en Pontevedra, do 17 de xaneiro de 1995, pola que se acordou denega-la cualificación provisional do expediente 36-R-9/1994, para a rehabilitación da vivenda situada en Macadín, Moreira, Ponteareas, Pontevedra; resolución que se confirma.

Contra esta resolución que se transcribe definitiva en vía administrativa cabe recurso contencioso-administrativo ante a sala do contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación lembrándolle que debe comunicar previamente a esta consellería a devandita interposición conforme o artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o vintecatro de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

802