Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 1996 Páx. 1.286

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN 18 xaneiro de 1996, da Xefatura do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña, polo que se anuncia a aprobación do acordo de concentración da zona de Gastrar (Boqueixón-A Coruña)

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Gastrar (Boqueixón-A Coruña), declarada de utilidade pública e de urxente execución polo Decreto 137/1989, do 6 de xullo (DOG nº 139, do 20 de xullo de 1989).

Primeiro.-Con data do 20 de decembro de 1995, do director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración da zona de Gastrar (Boqueixón-A Coruña), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello de Boqueixón e nos lugares de costume da parroquia durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte ó da última publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Terceiro.-No prazo de trinta días que se din, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, e poderán os recorrentes presenta-lo recurso na Xefatura do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural (edificio administrativo de Monelos, s/n, 6ª planta, A

Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expresando no escrito un domicilio dentro do concello para facerlle as notificacións que procedan, e, se é o caso, á persoa residente neste a quen teñan que facérselle as notificacións.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser obxecto de recurso de alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia.

A Coruña, 18 de xaneiro de 1996.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

852