Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 1996 Páx. 1.285

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (472/1993).

Gonzalo-Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de Xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifica que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en proce

dementos civís, consta a recaída nos autos de xuízo de divorcio Núm. 472/1993, cun encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

«Sentencia.-Na cidade de Santiago de Compostela o vintenove de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucció número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, viu os presentes autos de proceso de familia, sobre divorcio, seguidos neste xulgado baixo o número 472/1993, a pedimento de Jesusa Gómez Martínez, domiciliada en Fontao, Núm. 1-Vedra, representada polo procurador Cuns Núñez e defendida polo letrado Castiñeira Caamaño, contra José Vilarejo Romero, en situación procesual de rebeldía e sendo parte o Ministerio Fiscal.

Decido.-Que debo admitir e admito a demanda interposta polo procurador Cuns Núñez, en nome e representación de Jesusa Gómez Martínez, contra José Vilarejo Romero, declarado en rebeldía procesual, e decreto o divorcio do matrimonio que ambos forman.

Notifíqueselle a presente ó demandado rebelde nalgunha das formas legalmente previstas.

Firme esta resolución, comuníqueselle de oficio ó rexistro civil no que conste inscrito o matrimonio dos litigantes.

Contra esta resolución poderá interporse neste xulgado recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días, contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia anterior foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e lle sirva de notificación en forma ó demandado en situación procesual de rebeldía, José Vilarejo Romero, con domicilio en Fontao, parroquia de Santa Eulalia de Vedra, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o doce de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

0345