Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 1996 Páx. 1.285

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (98/1995-01).

Jorge Villar Trabazos, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, dá fe de que no xuízo de faltas 98/1995, sobre desobediencia, seguidos entre partes, sendo denunciante a Policía Nacional, e como denunciado José Amancio Vázquez Suárez, se dictou sentencia, cunha decisión que di como segue:

«Que debo condenar e condeno a José Amancio Vázquez Suárez, como autor penalmente responsable da falta de desobediencia a axente da autoridade, á pena de 15.000 ptas. de multa, con 5 días de arresto substitutorio para caso de non pagamento, e ó pagamento das custas.

Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes, coa advertencia de que contra ela poderán interpor recurso de apelación ante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a última notificación, e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación ó condenado José Amancio Vázquez Suárez, expido e asino esta cédula en Santiago de Compostela o 9 de xaneiro de 1996.

O secretario

Rubricado

0444