Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 1996 Páx. 1.284

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO VINTEOITO DE BARCELONA

EDICTO (464/1994).

Fernando González Pérez, secretario do Xulgado de Primeira Instancia número vinteoito dos de Barcelona, fai saber que nos autos de xuízo declarativo de menor contía nº 464/1994, sección 1ª, seguidos por instancia de Ebro Agrícolas, Compañía de Alimentación, S.A., representada polo procurador Antonio Anzizu Furest, contra Comercial Agrícola San Marcos, S.L., Jesús Otero Mínguez e Mª Luisa Domínguez Requejo, sobre reclamación de cantidade, se dictou a resolución do teor literal seguinte:

«Sentencia.-En Barcelona, o vinte de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

Nuria Barriga López, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número vinteoito dos de Barcelona; vistos os presente autos de xuízo declarativo de menor contía nº 464/1994, sección 1ª, promovidos por instancia de Ebro Agrícolas, Compañía de Alimentación, S.A., e na súa representación o procurador Antonio Mª Anzizu Furest, contra Comerncial Agrícola San Marcos, S.L., Jesús Otero Mínguez, Mª Luisa Domínguez Requejo, atopándose en rebeldía neste procedemento que versa sobre reclamación de cantidade, e

Antecedentes de feito: etc.

Antecedentes de dereito: etc.

Vistos os artigos citados e demais de xeral e pertinente aplicación ó caso de autos.

Decido que estimando a demanda interposta polo procurador Antonio Mª Anzizu Furest, en representación de Ebro Agrícolas, Compañía de Alimentación, S.A., debo condenar e condeno a Comercial Agrícola San Marcos, S.L., Jesús Otero Mínguez e Mª Luisa Domínguez Requejo a que, asine que sexa esta sentencia, aboen á parte demandante a cantidade de novecentas trinta e nove mil trescentas sesenta e nove pesetas, e mailos xuros legais desde a interposición da demanda ata o seu completo pagamento, con expresa imposición de custas á parte demandada.

Contra esta sentencia cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación.-A anterior sentencia foi lida e publicada pola maxistrada-xuíza que a subscribe, estando celebrando audiencia pública no día da súa data. Dou fe.»

E para que sirva de notificación en forma ós demandados Comercial Agrícola San Marcos, S.L., Jesús Otero Mínguez e Mª Luisa Domínguez Requejo, que se encontran en ignorado paradoiro, expido o presente edicto en Barcelona o cinco de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

0442