Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 1996 Páx. 1.248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión do 29 de decembro de 1995, aprobou inicialmente o plan especial do monte Pedroso. O expediente exponse ó público no pavillón da Trindade, sito na praza do mesmo nome, polo prazo de tres meses desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que xulguen oportunas.

En cumprimento do que dispón o artigo 102.2º do Real decreto lexislativo 1/1992, este acordo determina a suspensión polo prazo máximo de dous anos do outorgamento de licencias para parcelación, edificación e derruba no ámbito do plan.

Contra o acordo de suspensión de licencias pódese interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde a data de publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 1996.

O alcalde

Rubricado

1037