Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 1996 Páx. 1.247

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 1996 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para a adxudicación da concesión da explotación dunha librería universitaria nun local do edificio de fundición. (Expediente número 202/1996).

O órgano de contratación, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concurso público, procedemento aberto, para a adxudicación da concesión que a continuación se indica:

Obxecto: concesión da explotación dunha librería universitaria nun local do edificio de fundición (expediente número 202/1996).

Canon: será o que resulte da adxudicación, sendo o mínimo fixado o que se recolle no prego de cláusulas administrativas.

Garantías e prazo de duración: as indicadas no prego de cláusulas administrativas.

Prego de condicións: os interesados poderán consultalos ou solicita-lo seu envío por correo ó Servicio de Xestión Económica e Contratación da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1-2º andar, CP 36201 Vigo (Pontevedra) de 9 a 14 horas de luns a venres.

Lugar de presentación: as propostas presentaranse no rexistro xeral da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1-planta baixa. CP 36201 Vigo (Pontevedra) de 9 a 14 horas de luns a sábado.

Prazo de presentación: o prazo para a recepción das ofertas comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG e rematará o vixésimo sexto día natural ás 14 horas.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.

Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas do rectorado, r/ Oporto 1-Vigo (Pontevedra) ás trece horas do segundo día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de propostas (no caso de cadrar en sábado terá lugar o día hábil seguinte).

Acreditación da solvencia económica e financeira polo licitador: por calquera dos medios ós que se refire o artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio.

Acreditación da solvencia técnica polo licitador:

a) Cualificacións profesionais dos responsables da dirección da empresa e, en particular, do persoal que sería responsable do servicio e

b) Relación dos principais servicios realizados nos tres últimos anos que inclúe importe, datas e beneficiarios públicos ou privados deles.

Información adicional: non se admitirán variantes ou alternativas.

O importe deste anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Vigo, 6 de febreiro de 1996.

P.D. (R. 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

1044