Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 1996 Páx. 1.247

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 1996 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para a contratación da subministración que se cita. (Expediente número 5/1996).

Este órgano de contratación, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, mediante procedemento aberto, o seguinte concurso público para a adxudicación da subministración que a continuación se relaciona:

Obxecto: dous vehículos para o parque móbil da Universidade de Vigo (expediente número 5/1996).

Orzamento de licitación e prazo máximo de entrega: expediente 5/1996: 7.000.000 de ptas., IVE incluído (para os 2 lotes), 45 días naturais.

Licitadores: persoas físicas ou xurídicas que reúnan os requisitos esixidos nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Garantías: as sinaladas nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Prego de cláusulas: tódolos interesados poderán consultar ou recolle-los pregos no Servicio de Xestión Económica e Contratación da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1-2º andar, CP 36201 Vigo (Pontevedra) de 9 a 14 horas de luns a venres.

Lugar de presentación de ofertas: as propostas presentaranse no rexistro xeral da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1-planta baixa. CP 36201 Vigo (Pontevedra) de 9 a 14 horas de luns a sábado.

Prazo de presentación: o prazo para a recepción das ofertas comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG e rematará o vixésimo sexto día natural ás 14 horas.

Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas do rectorado, r/ Oporto nº 1 Vigo (Pontevedra) ás trece horas do segundo día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas (no caso de cadrar en sábado terá lugar o luns seguinte).

Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica polos licitadores:

Solvencia económica e financeira: poderase acreditar por calquera dos medios a que se refire o artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio.

Solvencia técnica: mostras, descricións e fotografía dos productos que hai que subministrar. Relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, indicándose o seu importe, datas e os destinatarios públicos ou privados, incorporando os correspondentes certificados sobre eles.

Información adicional:o prazo mínimo de garantía dos bens que hai que subministrar fíxase nun ano contado a partir da súa recepción.

Non se admitirán variantes ou alternativas.

O importe deste anuncio correrá a cargo do adxudicatario.

Vigo, 6 de febreiro de 1996.

P.D. (R. 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

1001