Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 1996 Páx. 1.246

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 1996 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para contrata-lo servicio de limpeza de diversos centros desta universidade. (Expediente número 300/1996).

O órgano de contratación, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concurso público, procedemento aberto, para a contratación do servicio que de seguido se indica:

Obxecto: servicio de limpeza en diversos centros desta universidade (expediente número 300/1996).

Orzamento de licitación: o tope máximo do conxunto dos lotes é de 70.170.000 ptas., IVE incluído.

Clasificación das empresas: a requirida de acordo co previsto na Orde do 30 de xaneiro de 1991 pola que se modifican determinadas normas da Orde do 24 de novembro de 1982, sobre clasificación de empresas consultoras e de servicios (BOE nº 54, do 4-3-1991). No suposto de que concorran a lotes nos que o importe conxunto ou separadamente supere os 10.000.000 de ptas., as empresas licitadoras deberán acredita-la clasificación do xeito seguinte:

-Empresas de servicios no grupo III, subgrupo 6:

Categoría A: se anualidade media non supera os 25.000.000 de ptas.

Categoría B: se anualidade media supera os 25.000.000 de ptas. e non supera os 50.000.000 de ptas.

Categoría C: se anualidade media excede de 50.000.000 de ptas.

Garantías e prazo de duración: as indicadas no prego de cláusulas administrativas.

Prego de condicións: os interesados poderán consultalos ou solicita-lo seu envío por correo ó Servicio de Xestión Económica e Contratación da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1-2º andar, CP 36201 Vigo (Pontevedra) de 9 a 14 horas de luns a venres.

Lugar de presentación: as propostas presentaranse no rexistro xeral da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1-planta baixa. CP 36201 Vigo (Pontevedra) de 9 a 14 horas de luns a sábado.

Prazo de presentación: o prazo para a recepción das ofertas comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG e rematará o vixésimo sexto día natural ás 14 horas.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.

Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas do rectorado, r/ Oporto n 1-Vigo (Pontevedra) ás trece horas do segundo día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas (no caso de cadrar en sábado terá lugar o día hábil seguinte).

Acreditación da solvencia económica e financeira polo licitador: por calquera dos medios ós que se refire o artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio.

Acreditación da solvencia técnica polo licitador: as empresas que unicamente concorran a lote ou lotes ós que non sexa esixible polo seu importe clasificación deberán acredita-la solvencia técnica ou profesional por calquera dos seguintes medios:

a) Relación dos principais servicios ou trballos realizados nos últimos tres anos que inclúe importe, datas e beneficiarios públicos ou privados deles e

b) Unha declaración do material, instalacións e equipo técnico do que dispoña o empresario para realiza-lo contrato.

Información adicional: non se admitirán variantes ou alternativas.

O importe deste anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Vigo, 6 de febreiro de 1996.

P.D. (R. 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

999