Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 1996 Páx. 1.248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CARBALLIÑO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno en sesión ordinaria do día 1 de febreiro de 1996 a modificación puntual das normas subsidiarias do Carballiño, referente ós usos sanitarios, e de conformidade co disposto no artigo 114.1º do texto refundido da Lei sobre o réxime do solo, aprobado por R.d.l. 1/1992, do 26 de xuño, exponse ó público durante o prazo dun mes, contado desde a derradeira publicación no DOG e no BOP, para que os interesados poidan examina-lo expediente e se é o caso presenta-las reclamacións e alegacións oportunas.

Queda suspendido o outorgamento de licencias urbanísticas nas zonas afectadas por esta modificación.

O Carballiño, 2 de febreiro de 1996.

Manuel Vázquez Fernández

Alcalde-presidente

1068