Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 1996 Páx. 1.248

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 9 de febreiro de 1996 polo que se fai público o acordo de modificación do publicado no DOG número 30 do 12 de febreiro de 1996 relativo ó nomeamento de diversos secretarios de xulgados da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do acordo adoptado no día de hoxe dimanante da comunicación da Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza de Galicia, sobre nomeamentos de secretarios en réxime de provisión temporal, que literalmente di:

«Data 9-21996. Ministerio de Xustiza, Xerencia Territorial de Galicia. N/Rf. secretarios de provisión temporal. Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Pazo de Xustiza, Pza. de Galicia, s/n, 15701-A Coruña. Visto o acordo da sala de goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da data citada, polo cal se nomean secretarios dos xulgados de primeira instancia e instrucción en réxime de provisión temporal que igualmente se citan. Esta Xerencia Territorial en uso das atribucións que lle confire a orde ministerial do 26 de xuño de 1991 (BOE do 28-6-1991), e de conformidade co previsto no Art. 38 do Real decreto 429/1988, do 29 de abril, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de secretarios xudiciais, confirma os nomeamentos seguintes cos efectos previstos no apartado undécimo da o.m. de 20 de xullo de 1995 (BOE do 21). Nomeamento acordo da sala do goberno de data 9-2-1996.

-Provincia da Coruña:

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 2 de Ribeira, Amalia Álvarez Teixeira.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso ordinario ante o secretario xeral de Xustiza, no prazo dun mes, contado a partires do seguinte ó da súa notificación. O cal comunico para seu coñecemento e demais efectos. O xerente territorial. Manuel Olmo Peláez. Asinado. Hai un selo de saída da Xerencia Territorial».

Deberá tomar posesión dentro dos vinte días naturais contados desde o seguinte ó da data da publicación no DOG.

O presente acordo modifica o de data 2-2-1996, no referente ó devandito nomeamento.

A Coruña, 9 de febreiro de 1996.

José Ramón Vázquez Sandes

Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273