Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 1996 Páx. 1.169

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (235/1990).

Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que no procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, baixo o nº 235/1990, seguido a pedimento de Francisco Montero Godines, representado polo procurador Julio Barreiro Fernández, contra José Vicente Martínez e Joaquina Mª Rodríguez Pérez, acordouse a celabración de pública poxa, na sala de audiencia deste xulgado, e anúnciase con vinte días de antelación, dos bens que logo se dirán, coas seguintes condicións:

1. Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o vindeiro día once de abril de mil novecentos noventa e seis, ás nove trinta horas da mañá, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo fixado para tal efecto na escritura de constitución de hipoteca que se describe ó fondo do presente edicto.

2. Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o vindeiro día nove de maio de mil novecentos noventa e seis, ás nove trinta horas da mañá, na sala de audiencia deste xulgado, para a que servirá de tipo o 75% da primeira.

3. Se resultase deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o vindeiro día cinco de xuño de mil novecentos noventa e seis, ás nove trinta horas da mañá, na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

4. Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

5. Para tomar parte en calquera das tres poxas, tódolos licitadores, agás o acredor demandante, deberán consignar previamente o 20% do tipo para

seren admitidos a licitación, e calcúlase esta cantidade na terceira poxa respecto ó tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco de Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, e deberán facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte 1590/18/00235/1990 e presenta-lo resgardo de ingreso.

6. Os títulos de propiedade dos inmobles poxados atópanse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan en autos, de manifesto na Secretaría do xulgado, para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, e enténdese que todo licitador os acepta como bastante, sen que poida esixir ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do demandante, se os houber, continuarán subsistentes e sen cancelar, e enténdese que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de satisfacelos, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

7. Poderán facerse ofertas en prego pechado e o remate poderá verificarse coa condición de cederllo a un terceiro, coas regras que establece o artigo 131 da Lei hipotecaria.

8. No caso de que tivese que suspenderse calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana na que se sinalase a poxa suspendida.

9. Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, agás a que corresponda ó mellor ofertante, a que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obriga e, se é o caso, como prezo de venda.

10. De o pedi-lo acredor ata o mesmo momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexasen aproveita-lo remate outros ofertantes, e sempre pola orde destas.

11. O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificaráselle ó debedor no domicilio fixado para tal efecto na escritura de constitución de hipoteca e, se é o caso, a publicación dos presentes edictos serve de notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto de poxa.

Número cincuenta e catro: vivenda letra D da planta segunda. Superficie construída: cento catro metros e setenta e sete decímetros cadrados. Consta de tres dormitorios, baño, cociña, estar-comedor, hall e corredor distribuídor. Lindeiros: fronte, corredor distribuídor, patio de luces e vivenda letra C da súa planta; fondo, patio de rueiro; dereita, entrando, escaleira de acceso, patio de luces e vivenda letra A da súa planta; esquerda, vivendas letras C e E da súa planta e patio de luces. Cota: cero corenta por cento (0,40%). Forma parte dun edificio sito nesta cidade de Santiago de Compostela, denominado edificio Zafiro, con frontes ás rúas Frei Rosendo Salvado e Santiago de Chile.

Inscrita no Rexistro da Propiedade, tomo 765, libro 413, folio 173, predio nº 29.229, inscrición 2ª.

Tipo para a poxa: oito millóns corenta mil pesetas (8.040.000 ptas.).

Dado en Santiago de Compostela o quince de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

A maxistrada-xuíza

Rubricado

O secretario

Rubricado

315