Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 1996 Páx. 1.170

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (127/1994).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos de xuízo executivo nº 127/1994, seguidos neste xulgado, se dictou sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o dez de xaneiro de mil novecentos noventa e seis. Vistos por Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo executivo nº 127/1994, promovidos por Banco Central Hispanoamericano, S.A., representado polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes e defendido polo letrado Francisco A. Rodríguez-Gigirey y Pérez, contra Fernando Lizuain Calvo e Mª del Carmen Romero de Valenzuela, declarados en rebeldía, sobre reclamación de 203.646 ptas. de principal, máis 100.000 calculadas para xuros, custas e gastos.

Decido: que debo mandar e mando seguir adiante a execución ata facer remate cos bens embargados e que no sucesivo poidan embargarse ós debedores Fernando Lizuain Calvo e Mª del Carmen Romero de Valenzuela, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento ó acredor, da cantidade de 203.646 ptas., importe do principal reclamado, máis 100.000 pesetas calculadas para xuros, gastos e custas causadas e que se causen, as cales expresamente lle impoño á parte demandada. Expídase e únase certificación desta resolución ás actuacións con inclusión da orixinal no libro de sentencias.

Contra esta resolución cabe interpor ante este xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días, contados desde a notificación ás partes.

Así, por esta miña sentencia, que por rebeldía do demandado se notificará na forma e modo que a lei prevén para os rebeldes, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo. Rubricado: Leonor Castro Calvo. Maxistrada- xuíza».

E para que conste e lles sirva de notificación en forma ó demandado Fernando Lizuain Calvo e a súa publicación no DOG, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o dezaseis de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

234