Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 1996 Páx. 1.169

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (156/1995).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número

tres de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de menor contía nº 156/1995, a pedimento de Mª Manuela Rodríguez Vilar, representada pola procuradora Goimil Martínez, contra José Manuel Rodríguez González e Ángel Alberto Fernández Iglesias, nos que se acordou empraza-los citados demandados, actualmente en ignorado paradoiro, co fin de que no prazo de dez días comparezan en forma, mediante procurador e avogado, e fáiselles saber que, se o verifican, se lles concederán dez días máis para que contesten a demanda.

Fáiselles saber que, se non comparecen, serán declarados en rebeldía, seguirá o xuízo o seu curso e se farán as notificacións que recaian nos estrados do xulgado.

E para que así conste e lles sirva de emprazamento en forma ós citados demandados José Manuel Rodríguez González e Ángel Alberto Fernández Iglesias, actualmente en ignorado paradoiro, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o dez de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

360