Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 1996 Páx. 1.168

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (219/1990).

Neste xulgado séguense autos de xuízo executivo co número 219/1990, por instancia do Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, contra Porfirio S. Piñeiro Pazos, Cristina Pazos de Piñeiro e Rodolfo Piñeiro Pazos, en reclamación de 1.583.936 pesetas de principal, máis 800.000 pesetas calculadas para xuros, custos e gastos, actuacións nas que, por medio de resolución do día da data, se acordou sacar a poxa pública, por primeira vez, o día vintenove de marzo de mil novecentos noventa e seis, ás nove trinta horas, na sala de audiencia deste xulgado, e polo prazo de vinte días, os bens que logo se dirán.

A poxa axustarase ás seguintes regras:

1. Para tomar parte na poxa os licitadores deberán consignar na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número de expediente ou procedementos seguinte: 1590/17/00219/1990, presentando o resgardo de ingreso, unha cantidade igual, polo menos, ó 20 por 100 efectivo do valor dos bens que sirva de tipo para a poxa, requisito sen o cal non serán admitidos.

2. Non se admitirán posturas que non cubran as dúas terceiras partes do prezo de taxación.

3. Desde a publicación da poxa ata a súa celebración, poderanse facer ofertas por escrito en prego pechado, acreditándose que se efectuou o resgardo previo do 20 por 100 antes indicado.

4. Só o executante poderá facer oferta a calidade de lle cede-lo remate a un terceiro.

5. As cargas anteriores e preferentes ó crédito do actor, de existiren, quedarán subsistentes, sen que se dedique á súa extinción o prezo do remate, entendéndose que o rematante as acepta e queda subrogado nas responsabilidades e obrigas que delas se deriven.

6. Os títulos de propiedade dos bens que se sacan a poxa están de manifesto na secretaría deste xulgado, para que poidan ser examinados polas persoas

que desexen tomar parte na poxa, prevíndose os licitadores de que deberán conformarse con eles e non terán dereito a esixir ningún outro.

7. No caso de ter que suspenderse calquera das tres poxas trasládase a súa celebración á mesma hora do día seguinte hábil dentro da semana en que estivese sinalada a poxa suspendida.

Para o suposto de non haber licitadores na primeira poxa, sinálase para a celebración da segunda o día vintenove de abril de mil novecentos noventa e seis, ás nove trinta horas, no mesmo lugar, coa rebaixa do 25 por 100 do tipo de taxación, subsistindo as demais condicións da primeira.

E para o caso de que tampouco houbese licitadores na segunda, sinálase para a terceira o día vintenove de maio de mil novecentos noventa e seis, ás nove trinta horas, no mesmo lugar cás anteriores, sen suxeición a tipo, debendo os que desexen tomar parte nela face-lo depósito previo igual ó sinalado para a segunda, e persistindo as demais condicións.

Sirva o presente edicto de notificación ós demandados, Porfirio S. Piñeiro Pazos, Cristina Pazos de Piñeiro e Rodolfo Piñeiro Pazos, en caso de resultar negativa a dilixencia de notificación persoal.

Bens obxecto de poxa.

-Unha praza de garaxe de 20 m (4 x 5 m). Figura co número 13 en réxime de propiedade horizontal, situada na planta soto do edificio s/n situado na confluencia das estradas de Rois a Noia e de Rois a Urdilde, no lugar de Antequeira, parroquia de Oín. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón, tomo 512, libro 127 de Rois, folio 106, predio 16.869.

Taxada pericialmente na cantidade de seiscentas setenta e seis mil duascentas pesetas (676.200 ptas.).

-Rocho dunha superficie construída de 50 m, que coa parte proporcional de elementos comúns fai un total de 57 m. Comunícase interiormente co local número 10 da mesma planta e destino. Figura co número 14 en réxime de propiedade horizontal, situado na planta baixa cuberta do edificio situado na confluencia das estradas de Rois a Noia e de Rois a Urdilde, no lugar de Antequeira-parroquía de Oín. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón, tomo 512, libro 127 de Rois, folio 108, predio 16.870.

Taxado pericialmente na cantidade dun millón trescentas setenta e seis mil cincocentas cincuenta pesetas (1.376.550 ptas.).

Dado en Santiago de Compostela o oito de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

283