Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 1996 Páx. 1.168

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de citación (208/1995).

Pola presente cédula e en virtude do acordado nesta data pola xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira, Ana Mª Lorenzo Carou, nos autos de xustiza gratuíta rexistrados co número 208/1995 de orde, seguidos a pedimento de Mª Benita Argibay Torrado, representada pola procuradora Peleteiro Bandín e defendida pola letrada Prieto Goberna, contra José Benito García Losada e o letrado da Xunta de Galicia, para o día 18 de marzo do ano 1996, ás 11.30 horas,

cítase o demandado José Benito García Losada, que tivo o seu domicilio en Ribeira e hoxe de ignorado paradoiro, en única convocatoria para que, acompañado de tódolos medios de proba dos que intente valerse, compareza ante este xulgado, sito na Praza do Concello, s/n de Ribeira, co fin de asistir á celebración do acto de xuízo correspondente, e prevéñoo de que a copia da demanda se atopa á súa disposición neste xulgado.

E para que teña lugar a citación acordada, expido a presente cédula en Ribeira o vinte de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

220