Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 1996 Páx. 1.168

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ARZÚA

EDICTO (1/1994).

En virtude do disposto pola xuíza do Xulgado de Primeira Instancia de Arzúa, no expediente promovido pola procuradora Teresa Pernas Grobas, en representación de Maderas Raviña S.A., con domicilio en San Miguel de Cerceda, O Pino, e dedicada ó comercio por xunto de madeiras nacionais e de importación, servicios auxiliares, corta e limpeza de madeiras, por medio do presente edicto faise público que por providencia dictada o día de hoxe se declarou a Maderas Raviña S.A., en estado legal de suspensión de pagamentos, conceptuándose como de insolvencia definitiva por se-lo seu pasivo superior en 30.254.323 ptas. ó activo, e así mesmo, acordouse convocar e cita-los acredores do mencionado Maderas Raviña S.A., a xunta xeral, que terá lugar na sala de audiencia deste xulgado o día 15 de febreiro ás 10 horas, coa prevención a estes de que poderán concorrer persoalmente ou por medio de representante con poder suficiente para iso a co título xustificativo do seu crédito, requisito sen o cal non

serán admitidos, achándose ata a dita data á súa disposición na secretaría deste xulgado o dictame dos interventores e demais documentación establecida na Lei de suspensión de pagamentos, para que poidan obte-las copias ou notas que consideren oportunas.

E para que sirva de publicidade ós fins previstos na Lei de suspensión de pagamentos, e especialmente no seu artigo 9, libro o presente edicto en Arzúa o dezanove de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

196