Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 1996 Páx. 1.115

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (59/1995-01).

Jorge Villar Trabazos, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño que no xuízo de faltas 59/1995, seguido entre partes como denunciante Miguel Fuentes Barrán, como prexudicado José Carlos Iglesias Raposo, como denunciado Mario Mella Rey e Jesús Manuel Mosquera Beiro, se dictou sentencia, cunha decisión que di como segue:

«Que debo condenar e condeno a Mario Mella Rey e a Jesús Manuel Mosquera Beiro, como autores penalmente responsables dunha falta de furto, á pena de tres días de arresto menor a cada un deles, e ó pagamento das custas.

Así, por esta miña sentencia, que será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a última notificación, e da que se xuntará certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación ó denunciado Mario Mella Rey, en paradoiro descoñecido, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 1996.

O secretario

Rubricado

0252