Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 1996 Páx. 1.115

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (234/1995).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de Xustiza, con destino no xulgado de primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dá fe: de que nos autos dos que se fará mérito, se dictou a sentencia cun encabezado e parte dispositiva que din así:

«Sentencia.-En Santiago de Compostela o dezaoito de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas Núm. 234/1995, seguidos por furto, nos que é denunciante María de los Ángeles Táboas González, maior de idade, e como parte denunciada, Ángel Gándara Rodríguez, maior de idade, sendo parte igualmente o Ministerio Fiscal.

Decido.-Que debo absolver e absolvo libremente a Ángel Gándara Rodríguez da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil, declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e lle sirva de notificación en legal forma a María de los Ángeles Táboas González, que se atopa en ignorado paradoiro, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o nove de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

0598