Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 1996 Páx. 1.115

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (58/1995).

Jorge Villar Trabazos, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, dá fe de que no xuízo de faltas número 58/1995, seguido entre partes, no que foi denunciante Valentín García García, e denunciado José Manuel Castillo Sánchez, sobre lesións en agresión, se dictou sentencia, cunha decisión que di como segue:

«Que debo condenar e condeno a José Manuel Castillo Sánchez, como autor penal e civilmente responsable dunha falta de lesións, á pena de catro días de arresto menor, ó pagamento das custas e a que lle satisfaga a Valentín García García, en concepto de responsabilidade civil, a suma de 30.000 ptas.

Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpor recurso de apelación ante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a derradeira notificación, e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación ó condenado José Manuel Castillo Sánchez, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o 9 de xaneiro de 1996.

O secretario

Rubricado

0250