Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 1996 Páx. 1.114

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (3/1996-02).

En virtude do acordado en resolución do día da data dictada no xuízo de separación matrimonial 3/1996, que se segue neste xulgado a pedimento de María López Santos, que litiga co beneficio de xustiza gratuíta, representada polo procurador Merelles Pérez, contra Adolfo Agra Brea e o Ministerio Fiscal, por medio da presente cédula emprázase o demandado Adolfo Agra Brea, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que no prazo de vinte días compareza en autos e conteste a demanda, coa prevención de que, de non facelo, será declarado en rebeldía, se dará por contestada a demanda e se lle notificará a dita resolución e as demais que se dicten nos estrados do xulgado.

Santiago de Compostela, dous de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

0251