Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 1996 Páx. 1.114

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de citación (258/1995).

Por esta cédula e en virtude do acordado nesta data polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira, Ana María Lorenzo Carou, nos autos de xustiza gratuíta nº 258/1995 de orde, seguidos por instancia de María José Millares Souto, representada polo procurador Arca Soler e defendida polo letrado Folgar Louro, contra José Antonio Sieira Sampedro e o letrado da Xunta de Galicia, para o día 22 de febreiro do ano 1996 ás 12 horas, cítase o demandado José Antonio Sieira Sampedro, que tivo o seu domicilio en Ribeira e hoxe en paradoiro ignorado, en única convocatoria, para que, acompañado de tódolos medios de proba de que intente valerse, compareza ante este xulgado, sito na praza do Concello, s/n, de Ribeira, co fin de asistir á celebración do acto de xuízo correspondente, prevíndoo de que a copia da demanda está ó seu dispor neste xulgado.

E para que teña lugar a citación acordada, expido esta cédula en Ribeira o dez de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria xudicial

Rubricado

0249