Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 1996 Páx. 1.090

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (19/1994).

Mª Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, certifica:

Que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís, consta a recaída nos autos de xuízo executivo nº 19/1994, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o trinta e un de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

Vistos por Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo executivo nº 19/1994, sobre reclamación de cantidade por non pagamento de préstamo, seguidos neste xulgado e promovidos pola procuradora Carmen Losada Gómez, en nome e representación da Caixa de Aforros de Galicia, con domicilio na Coruña, Rúa Nova, 30, asistida do letrado Rafael Pardo Padernera, contra Manuel Vázquez Cabo, maior de idade, veciño de Santiago de Compostela, e con domicilio en Sas, 82.1, José Antonio García Batalla e a súa esposa María Cristina Novoa Fernández, veciña de Ribeira, e con domicilio na rúa Monumento, número 16, baixo, Daniel López Vispo e Marina García García, co mesmo domicilio e veciñanza cós anteriores e declarados procesualmente en rebeldía.

Declaro que debía mandar e mando seguir adiante a execución despachada, facer remate dos bens embargados a Manuel Vázquez Cabo, José Antonio García Batalla, Mª Cristina Novoa Fernández, Daniel Vispo e Marina García García, declarada procesualmente en rebeldía, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante, na cantidade dun millón cento noventa e catro mil trescentas trinta e catro pesetas (1.194.334 pesetas), importe do principal e á suma de catrocentas cincuenta mil pesetas (450.000 pesetas) para xuros e custas, e ó seu pagamento debo condenar e condeno os referidos demandados.

Esta sentencia non é firme e contra ela cabe interpor ante este xulgado recurso de apelación, no prazo de cinco días contados desde a notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación á causa, pronúncioa, mándoa e asínoa».

Nos ditos autos, con data do trinta de novembro de mil novecentos noventa e cinco, dos que a súa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Por S.Sª, ante min a secretaria xudicial, dixo: que debía aclarar e aclaraba que a resolución dictada con data de trinta e un de xullo de mil novecentos noventa e cinco, queda redactada na súa parte dispositiva na forma seguinte: que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, facer remate dos bens embargados á compañía Rotrograf S.A., a Manuel Vázquez Cabo, José Antonio García Batalla, Mª Cristina Novoa Fernández, Daniel López Vispo e Marina García García, declarados procesulamente en rebeldía e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante na cantidade dun millón cento noventa e catro mil trescentas trinta e catro pesetas (1.194.334 pesetas), importe do principal e á suma de catrocentas cincuenta mil pesetas (450.000 pesetas), por xuros e custas, e ó seu pagamento debo condenar e condeno os referidos demandados.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non poden interpor outro recurso que aquel que cabe contra a resolución principal.

Así o acorda, manda e asina Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, do que dou fe».

E para que así conste e lles sirva de notificación en forma ós demandados José Antonio García Batalla, a compañía Rotrograf, S.A., María Cristina Novoa Fernández, Daniel López Vispo e Marina García García, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o oito de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

805