Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 1996 Páx. 1.090

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 1996, da Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto da canteira de granito Seixo.

O artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), dispón que o órgano ambiental sometará o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, durante quince días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública, no prazo de quince días hábiles, contando a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do proxecto da canteira de granito Seixo, situada na localidade de Mugares, no concello de Toén, provincia de Ourense.

Segundo.-Para os devanditos efectos informativos, porase á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

* Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente.

* Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública (Comisión Provincial de Medio Ambiente) da provincia de Ourense.

* Concello de Toén.

Terceiro.-As alegacións formularanse durante o dito prazo de quince días.

Cuarto.-Unha vez rematado o mencionado prazo, remitirase o expediente coas correspondentes alegaciónsx á Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 1996.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente

9600624