Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 1996 Páx. 1.091

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 1995, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro dun inmoble sito na rúa Julio Rodríguez Soto, 14-entreplanta, do Carballiño, para situar dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, e 55 de seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 117/1994, do 4 de marzo,

RESOLVO:

Facer público que, por razóns das necesidades do servicio existentes e á urxencia de dispor do local, xustifícase, logo da fiscalización da intervención delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro dun inmoble sito na rúa Julio Rodríguez Soto, 14-entreplanta, do Carballiño, para a instalación de dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 1995.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

141