Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 1996 Páx. 1.089

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (382/1995).

En virtude do acordado pola xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, nos autos de medidas provisionalísimas nº 382/1995, seguidos neste xulgado por instancia de Constantino Cernadas Vilas, representado pola procuradora Esperanza Álvarez (designada pola quenda de oficio), contra María Belén González Isorna, a cal se encontra en paradoiro descoñecido, cítase á referida demandada para que compareza ante a sala de audiencia deste Xulgado o día 14 de febreiro de 1996 ás 10 horas, co obxecto de asistir á celebración da comparecencia prevista no artigo 1897 da LAC, coa prevención que de non o facer seguirase o procedemento na súa rebeldía, sen volvela citar.

E para que así conste e sirva de citación á demandada María Belén González Isorna, expido o presente edicto que asino en Padrón o nove de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Selado e rubricado

238