Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 1996 Páx. 1.059

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 30 de xaneiro de 1996 pola que se anuncia a apertura do prazo de presentación de solicitudes para a cobertura de postos de traballo mediante contratacións laborais de carácter temporal dedicadas á realización de traballos ocasionais de carácter selvícola e medioambiental.

Tódolos anos a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes vén realizando traballos concretos, de carácter ocasional, consistentes fundamentalmente en tratamentos selvícolas e accións tendentes á preservación, conservación e mellora dos espacios naturais, no ámbito da nosa comunidade.

A índole dos labores que se proxecta realizar, de carácter estrictamente agrario, e a súa dependencia directa co espacio físico no que se desenvolven, caracteriza de forma diferenciada e excepcional as contratacións laborais necesarias para levalas a efecto, de xeito que o persoal elixido ten necesariamente que ser coñecedor, dunha parte, dos distintos extremos da actividade agraria e, doutra, do ámbito territorial concreto no que se proxectan os traballos.

A referida especialidade destas contratacións laborais e o feito de que as tarefas que cumprir consisten en traballos concretos dirixidos á realización de obras determinadas para desenvolver ó longo do ano, fai necesario dispoñer de listas de persoas capacitadas que reúnan os requisitos mencionados, coas que, para a consecución da axilidade e celeridade precisas, se poida contar a medida que vaia xurdindo a necesidade de realización dos distintos traballos.

Polo exposto, de conformidade cos artigos 27.10º e 30 e 30.1º3 do Estatuto de autonomía de Galicia, así como co establecido no Decreto 205/1990, do 15 de marzo, e a súa modificación operada polo Decreto 251/1984, do 29 de xullo, en virtude da

Orde do 13 de decembro de 1993 da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. O obxecto desta convocatoria é a elaboración de listas coas persoas interesadas na cobertura temporal de postos de traballo naqueles servicios, dependentes desta consellería, que leven a cabo traballos ocasionais de carácter forestal e medioambiental.

2. Para estes efectos, elaboraranse listas ordenadas de xeito prelativo, de conformidade coas previsións, relativas ós ambitos funcionais e territoriais, categorías e número máximo de efectivos que se prevexa contratar, establecidas no anexo III da presente orde.

A continuación detállanse, en relación cos servicios da consellería que as van utilizar, as distintas categorías, así como os requisitos esixidos para acceder a cada unha delas:

Servicios de montes e industrias forestais.

-Técnico de apoio.

Requisitos: titulación de enxeñería de montes ou enxeñería técnica forestal.

-Xefe de brigada.

Requisitos: titulación de capataz forestal ou 27 meses de experiencia acreditada na Administración ou 36 meses na empresa privada en postos da mesma ou análoga categoría.

-Peón forestal.

Servicios de medio ambiente natural.

-Técnico de apoio.

Requisitos: titulación de enxeñería de montes, enxeñería técnica forestal, biolóxicas ou veterinaria.

-Xefe de brigada.

Requisitos: titulación de capataz forestal ou 27 meses de experiencia acreditada na Administración ou 36 meses na empresa privada en postos da mesma ou análoga categoría.

-Garda rural de vixilancia e mantemento.

Requisitos: certificado de escolaridade ou 18 meses de experiencia acreditada na Administración ou 27 meses na empresa privada en postos da mesma ou análoga categoría e posesión do carné de conducir B-1.

-Peón forestal.

Centro de investigacións forestais de Lourizán.

-Técnico de apoio.

Requisitos: titulación de enxeñería de montes, enxeñería técnica forestal ou biolóxicas.

-Xefe de brigada.

Requisitos: titulación de capataz forestal ou 27 meses de experiencia acreditada na Administración ou 36 meses na empresa privada en postos da mesma ou análoga categoría.

-Garda rural de vixilancia e mantemento.

Requisitos: certificado de escolaridade ou 18 meses de experiencia acreditada na Administración ou 27 meses na empresa privada en postos da mesma ou análoga categoría e posesión do carné de conducir B-1.

-Peón forestal.

Artigo 2º

Os interesados presentarán as súas solicitudes, segundo o modelo previsto no anexo I, no prazo de 15 días naturais contado desde o seguinte ó da publicación no DOG desta orde, nas dependencias das respectivas delegacións provinciais da consellería, así como en calquera dos rexistros e oficinas enumeradas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Artigo 3º

Cada persoa só poderá presentar unha única solicitude referida a un só servicio, e dentro del a un só concello, zona ou provincia, segundo corresponda, e a unha soa categoría profesional, conforme o anexo III citado.

Para tal efecto, coa solicitude deberá xunta-la seguinte documentación:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade.

b) Fotocopias cotexadas dos documentos que acrediten o cumprimento dos requisitos fixados para as distintas categorías profesionais previstas, así como as dos méritos referenciados no anexo II, significándose que, en canto a estes últimos, só serán valorados aqueles que resulten acreditados suficientemente.

Artigo 4º

1. As solicitudes correctamente presentadas serán analizadas baixo a dirección e supervisión da comisión de avaliación constituída en cada provincia, que estará composta por sete membros, dos que tres serán designados polo comité de empresa correspondente, e os outros catro pola secretaría xeral da consellería.

As listas serán elaboradas segundo os distintos ámbitos funcionais e territoriais e categorías profesionais recollidas no anexo III desta orde, ordenando ós aspirantes, de acordo coa puntuación obtida trala aplicación do baremo previsto no anexo II, prelativamente.

2. No suposto de realización de traballos concretos nun monte veciñal en man común, terán prioridade para seren contratados aqueles propietarios comuneiros do monte que, estando incluídos nas listas

do concello ou zona onde se realicen os devanditos traballos, acrediten a súa condición de comuneiros. Neste caso, a prelación na contratación dos comuneiros farase estrictamente pola puntuación que cada un deles teña na correspondente lista elaborada.

3. Nos demais casos, de producirse empate, unha vez aplicado o baremo de méritos citado, na puntuación de dous ou máis aspirantes, aquel resolverase en función da obtida no apartado relativo ó tempo traballado na Xunta de Galicia na mesma ou análoga categoría a que se opta, e, de persistir aínda o dito empate, en razón ás cargas familiares en primeiro termo e á idade do solicitante en última instancia.

Artigo 5º

As listas confeccionadas expoñeranse nos taboleiros de anuncios das distintas delegacións provinciais da consellería, así como nos das súas oficinas comarcalizadas dos Servicios de Montes e Industrias Forestais e do Medio Ambiente Natural correspondentes, e no Centro de Investigacións Forestais de Lourizán.

Artigo 6º

1. Conforme vaia sendo necesaria a contratación de persoal para a realización dos traballos, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes chamará, pola súa orde estricta, o persoal que figure nas respectivas listas, o cal, polo carácter estrictamente agrario dos labores que se van desenvolver, estará sometido ó réxime especial agrario da Seguridade Social.

2. Para a contratación con cargo á lista de técnicos de apoio o chamamento levarase a cabo conforme a titulación académica requirida pola cobertura temporal de que se trate.

3. Para o chamamento poderase utilizar calquera medio, e no suposto de que o empregado non fose suficiente, practicarase por aqueloutros que permitan ter constancia da súa recepción polo interesado no prazo máis breve posible.

A contestación ó devandito chamamento deberá producirse no prazo máximo de 48 horas desde a súa recepción. Transcorrido o mesmo sen producirse, consideraranse decaídos os interesados no seu dereito, sendo eliminados da correspondente relación.

4. Os interesados no momento de responderen ó chamamento deberán achegar certificado médico oficial acreditativo da súa idoneidade en relación cas respectivas funcións que vaian desenvolver, como requisito imprescindible para a súa efectiva contratación.

5. No caso de que nun concello dos sinalados no anexo III, por circunstancias sobrevidas, non cheguen a realizarse os traballos previstos, as persoas incluídas nas listas correspondentes ó seu ámbito xeográfico, incluiranse naqueloutras semellantes de concellos limítrofes onde están previstas execucións de traballos. Nestes supostos, no momento da inclusión das persoas afectadas nas novas listas, des

contaránselles da puntuación traída a correspondente á circunstancia de residencia habitual, prevista no anexo II desta orde.

A preferencia na inserción nunhas determinadas listas dun concello limítrofe respecto ás dos demais virá determinada polas necesidades e prioridades apreciadas polos servicios provinciais correspondentes que, non obstante, terán, dentro do posible, como criterio xeral logra-la máxima proximidade entre a residencia habitual dos solicitantes reinserido e o concello de realización dos traballos.

6. No suposto de esgotarse o persoal que figure na lista dun concello, zona ou provincia, segundo se trate, solicitaranse do INEM, de xeito xenérico, un mínimo de tres traballadores en situación de desemprego por cada unha das vacantes que se pretende cubrir.

7. Por necesidades do servicio debidas a circunstancias imprevisibles o persoal contratado poderá, a proposta do servicio provincial correspondente e coa conformidade da delegación provincial, realiza-los seus labores en ámbitos xeográficos distintos a aquel a que estivera adscrito.

Artigo 7º

Sen prexuízo da posibilidade legal establecida de rectificación en calquera momento, de oficio ou a instancia dos interesados, dos erros materiais, de feito ou aritméticos existentes, tanto as bases da convocatoria como os actos derivados dela ou da actuación dos órganos de selección establecidos, poderán ser obxecto de impugnación polas persoas interesadas nos prazos e formas previstos nas normas procedementais e procesuais de aplicación.

Disposición transitoria

En tando non sexan elaboradas as relacións de aspirantes seleccionados a contratación do persoal imprescindible efectuarase tomando como referencia as listas dos confeccionados no ano 1995.

Disposición derradeira

A presente orde producirá efectos desde ó día seguinte o da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 1996.

P.D.(Orde 13-12-1993)

Antonio Luis Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

ANEXO I

MODELO DE SOLICITUDE PARA CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS RELATIVAS Á REALIZACIÓN DE TRABALLOS OCASIONAIS DE CARÁCTER SELVÍCOLA E MEDIOAMBIENTAL

1. Categoría profesional á que se opta (unha única categoría profesional).

2. Concello, zona ou provincia, segundo se trate, en que se desexa traballar (un único ámbito territorial).

3. Datos e circunstancias persoais:

* Apelidos, nome e DNI:

* Enderezo:

* Concello de residencia:

* Teléfono:

* Lugar e data de nacemento:

* Nº de afiliación á Seguridade Social:

* Desempego (antigüidade):

* Nº de persoas sen ingresos ó seu cargo:

* Nº de persoas diminuídas ó seu cargo:

* Condición de comuneiro:

4. Datos académicos.

* Título oficial na especialidade do posto de traballo ó que se opta:

* Cursos:

* Denominación...

* Grao de coñecemento do galego:

-Iniciación -Perfeccionamento.

5. Experiencia profesional:

Servicios prestados en traballos forestais e/ou medioambientais na Xunta de Galicia (Servicio de Montes e Industrias Forestais, de Medio Ambiente Natural ou Centro de Investigacións Forestais de Lourizán) na mesa ou análoga categoría a que se opta: anos... meses... días...

Servicios prestados en traballos forestais e/ou medioambientais na Xunta de Galicia (Servicio de Montes e Industrias Forestais, de Medio Ambiente Natural ou Centro de Investigacións Forestais de Lourizán) noutras categorías a que se opta: anos... meses... días...

Servicios prestados en trabllos forestais noutras administracións públicas na mesma ou análoga categoría a que se opta: anos... meses... días...

Servicios prestados en traballos forestais na empresa privada na mesma ou análoga categoría a que se opta: anos... meses... días...

Asdo:...

Sr. Delegado Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes...

ANEXO II

BAREMO DE MÉRITOS PARA AS CONTRATACIÓNS TEMPORAIS RELATIVAS Á REALIZACIÓN DE TRABALLOS OCASIONAIS DE CARÁCTER SELVÍCOLA E MEDIOAMBIENTAL

1. Datos e circunstancias persoais:

A) Residencia habitual en calquera dos concellos da zona a que se opta (xustificada mediante certificación do padrón municipal): 2.00 puntos.

B) No caso de espacios naturais protexidos ou reservas nacionais de caza, residencia habitual ou tenencia de propiedades no ámbito territorial deles (xustificada mediante certificación do padrón municipal ou documento acreditativo da propiedade): 5 puntos.

C) No caso de contratación para o Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, residencia habitual nos concellos de Pontevedra, Poio, Barro, Campo Lameiro, Ponte-Caldelas, Cotobade, Soutomaior, Vilaboa, Meis e Marín: 2.00 puntos.

D) Desemprego:

Por cada mes acreditado como demandante de emprego (nos puntos de traballos forestais que se solicitan): 0.01 puntos ata un máximo de 0.4 puntos.

E) Situación familiar:

Por cada persoa sen ingresos ó seu cargo (menos de 18 anos): 0,25 puntos.

Por cada persoa diminuída ó seu cargo e sen ingresos superiores ó S.M.I.: 0,50 puntos.

2. Méritos académicos:

A) Titulación oficial na especialidade do posto de traballo ó que se opta: 15.00 puntos.

B) Cursos relacionados coas funcións propias da categoría (máximo 2 puntos).

Ata 10 horas: 0.10 puntos/curso.

Ata 20 horas: 0,20 puntos/curso.

Máis de 20 horas: 0,50 puntos/curso.

C) Cursos de galego recoñecidos pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria:

De iniciación: 0.25 puntos.

De perfeccionamento: 0.50 puntos.

(Non se valora o de iniciación se concorre co perfeccionamento).

3. Experiencia profesional.

A) Servicios prestados en traballos forestais e/ou medioambientais no Servicio de Montes e Industrias Forestais, Medio Ambiente Natural e no Centro de Investigacións Forestais de Lourizán da Xunta de Galicia na mesma ou análoga categoría a que se opta: 0.75 puntos/mes ou fracción.

B) Servicios prestados en traballos forestais e/ou medioambientais no Servicio de Montes e Industrias Forestais, Medio Ambiente Natural e no Centro de Investigacións Forestais de Lourizán da Xunta de Gali

cia en categoría distinta a que se opta: 0.15 puntos/mes ou fracción.

C) Servicios prestados en traballos forestais noutras administracións públicas na mesma ou análoga categoría a que se opta: 0.10 puntos/mes ou fracción.

D) Servicios prestados en traballos forestais na empresa privada na mesma ou análoga categoría a que se opta: 0.50 puntos/mes ou fracción.

ANEXO III

Zonificación territorial, relación de categorías e previsión do número máximo de efectivos a contratar.

A/ Servicio de Montes e Industrias Forestais.

A1. Categoría de técnicos de apoio:

Ambito: provincial.

Previsión de efectivos: 1 por provincia.

A2. Categorías de xefe de brigada e peóns forestais.

A CORUÑA

ConcelloXefes de

brigada

Peóns

forestais

Aranga05

Arteixo15

Boiro15

Camariñas18

Carballo18

Cariño05

Carnota320

Cedeira05

Coirós15

Coruña, A16

Culleredo216

Dodro18

Fisterra18

Irixoa18

Laxe05

Lousame15

Malpica02

Mañón05

Mazaricos02

Melide03

Monfero18

Muros18

Noia15

Oleiros16

Ordes05

Oroso18

Outes05

Oza dos Ríos05

Padrón18

Pobra do Caramiñal05

Porto do Son17

Rianxo18

Ribeira17

Rois18

Santiago de Compostela

18

ConcelloXefes de

brigada

Peóns

forestais

Sobrado05

Toques05

Tordoia05

Trazo05

Vilamaior18

Vimianzo18

LUGO

ConcelloXefes de

brigada

Peóns

forestais

Abadín110

Baleira225

Barralla110

Becerreá111

Begonte15

Bóveda110

Castro de Rei110

Castroverde16

Cervantes440

Chantada05

Folgoso do Courel224

A Fonsagrada770

Friol220

Guitiriz220

Guntín115

O Incio220

Láncara110

Lourenzá02

Lugo220

Monforte de Lemos110

Monterroso112

Navia de Suarna440

Negueira de Muñiz15

As Nogais02

Ourol02

Palas de Rei15

Pantón230

O Páramo15

Pedrafita02

Pobra do Brollón220

Pol06

A Pontenova04

Portomarín110

Quiroga220

Ribas de Sil05

Ribeira de Piquín110

Samos110

Sarria05

O Saviñao05

Sober110

Taboada110

Trabada06

O Valadouro02

Vilalba220

Viveiro05

Xermade18

OURENSE

ConcelloXefes de

brigada

Peóns

forestais

Castrelo do Val324

Cualedro18

Vilar de Barrio216

A Gudiña216

A Mezquita18

Verín18

Vilardevós18

Oímbra18

Riós18

Laza18

Pereiro de Aguiar216

Maceda18

Viana do Bolo18

Barbadás18

Bande18

Vilamartín de V.216

A Veiga18

Muíños18

Entrimo18

Lobios750

Rubiá216

Monterramo216

PONTEVEDRA

ConcelloXefes de

brigada

Peóns

forestais

Agolada14

Arbo14

Baiona02

Barro02

Caldas de Reis02

Campo Lameiro14

Cangas14

A Cañiza18

Catoira14

Cerdedo14

Cotobade14

O Covelo14

Crecente14

Cuntis14

Dozón02

Forcarei14

Fornelos de Montes14

Gondomar14

A Lama02

Marín02

Meis14

Moaña14

Mondariz18

Moraña14

Mos14

ConcelloXefes de

brigada

Peóns

forestais

As Neves19

Nigrán02

Oia14

Pazos de Borbén14

Poio14

Ponteareas14

Pontecesures02

Pontevedra128

Ponte-Caldelas18

O Porriño02

ConcelloXefes de

brigada

Peóns

forestais

Redondela02

Rodeiro02

O Rosal14

Soutomaior02

Tomiño14

Tui18

Valga14

Vigo02

Vila de Cruces02

Vilagarcia de Ar.14

Vilanova de Arousa02

B/ Servicio de Medio Ambiente Natural

B1. Categoría de técnicos de apoio.

A Coruña: 4

Lugo: 3

Ourense: 6

Pontevedra: 2

B2. Categoría de xefes de brigada, gardas rurais de vixilancia e mantemento, e peóns forestais.

ZONIFICACIÓN XERAL

A CORUÑA

ZonaConcellosX.Brig.G.Rur.P.For.

OrtigueiraOrtigueira, Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, As Somozas, San sadurniño, Neda, Fene, Ares, Mugardos, Ferrol, Narón, Valdoviño21
BetanzosAranga, Irixoa, Vilamaior, Betanzos, Bergondo, Paderne, Miño, Oza dos Ríos, Cesuras, Coirós41

A CoruñaSada, Oleiros, Cambre, Abegondo, Carral, Culleredo, Arteixo, A Coruña14

ArzúaCurtis, Vilasantar, Sobrado, Boimorto, Toques, Melide Arzúa, Santiso, O Pino, Touro13

CarballoCarballo, Laracha, Malpica, Coristanco, Ponteceso, Cabana21

VimianzoLaxe, Zas, Santa Comba, Vimianzo, Camariñas, Muxía, Dumbría, Mazaricos, Carnota, Corcubión, Fisterra, Cee24

NoiaMuros, S. Outes, Negreira, A Baña, Val do Dubra, Ames, Brión, Rois, Dodro, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Noia, Lousame221

LUGO

ZonaConcellosX.Brig.G.Rur.P.For.

ViveiroO Vicedo, Xove, Viveiro, Cervo, Ourol, O Valadouro, Muras31

VilalbaXermade, Vilalba, Abadín, Guitiriz, Begonte, Cospeito, Castro de Rei3

MondoñedoFoz, Alfoz, Barreiros, Ribadeo, Mondoñedo, Lourenzá, Trabada, A Pontenova131

LugoRábade, Friol, Outeiro de Rei, Lugo, Castroverde, Corgo, Guntín, Láncara, Portomarín15

SarriaO Páramo, Paradela, Sarria, Samos, Triacastela, O Incio1

MonforteO Saviñao, Bóveda, Pobra de Brollón, Monforte, Pantón, Sober1

QuirogaFolgoso do Courel, Quiroga, Ribas de Sil2

ChantadaPalas de Rei, Monterroso, Antas de Ulla, Taboada, Chantada, Carballedo1

OURENSE

ZonaConcellosX.Brig.G.Rur.P.For.

O CarballiñoBeariz, O Irixo, Avión, Boborás, O Carballiño, Piñor, San Cristovo de Cea, Maside, Cenlle, Carballeda de Avia, Leiro, San Amaro, Ribadavia, Beade, Melón36
AllarizAllariz, Taboadela, Paderne de Allariz, Xunqueira, de Ambía, Baños de Molgas, Maceda, Xunqueira de Espadanedo, Vilar de Barrio, Esgos135
CelanovaCelanova, A Bola, A Merca, Ramirás, Gomesende, Quintela de Leirado, Padrenda, Pontevea, Cortegada, Arnoia, Cartelle, Castrelo de Miño34
Xinzo de LimiaXinzo de Limia, Sandiás, Vilar de Santos, Rairiz de Veiga, Sarreaus, Trasmiras, Cualedro, Baltar, Os Blancos, Porqueira18

ZONIFICACIÓN ESPECIAL

Zona especialConcellosX.Brig.G.Rur.P.For.

Conca do río EumeMonfero, As Pontes, A Capela, Cabanas, Pontedeume34
Parque natural do complexo dunar de Currubedo e Lagoas de Carregal e VixánRibeira46

Zona especialConcellosX.Brig.G.Rur.P.For.

Conca do río SorMañón22
Reserva nacional de caza dos AncaresCervantes, Navia de Suarna186
Parque natural de Baixa Limia-Serra do XurésEstrimo, Lobios, Muíños3825
Monte InvernadeiroCastrelo do Val, Vilariño de Conso128
Parque natural do Monte AloiaTui16
Parque natural das Illas CíesVigo114
Illas de OnsBueu12
Conca do río UllaRianxo, Padrón, Teo, Boqueixón, Vedra, A Estrada, Pontecesures, Valga, Catoira, Silleda, Vila de Cruces, Agolada, Lalín, Rodeiro, Dozón192
Conca do río LérezPontevedra, Cotobade, Campo Lameiro, Cerdedo, Forcarei, Poio44
Conca do río UmiaRibadumia, Vilagarcía de Arousa, Meis, Portas, Caldas de Reis, Moraña, Cuntis, Barro2
Conca do río TeaSalvaterra, Ponteareas, Mondariz, Mondariz-Balneario, O Covelo, Salceda de Caselas141
Complexo Intemareal Umia-O GroveO Grove, Sanxenxo, Meaño, Cambados, Vilanova de Arousa1

C/ Centro de Investigacións Forestais de Lourizán.

CategoriasPrevisión Nº Max. Efectivos

Técnico de apoio7
Xefe brigada3
Garda vixilante1
Peóns forestais22

95-0738