Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 1996 Páx. 1.058

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 1996 pola que se lle renova a Galux a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador autorizado de gas, para as categorías IG-I a IG-IV.

Vista a solicitude presentada por Manuel F. Ruibal Ruibal, en representación da empresa Galux e, a documentación anexa, na que solicita que lle sexa renovada a cualificación de entidade para impartir cursos de instaladores de gas grupo IG-I a IG-IV.

Vista a Orde do 17 de decembro de 1985, pola que se aproba a instrucción sobre documentación e posta en servicio das instalacións receptoras de gas combustible e a instrucción sobre instaladores

autorizados de gas e empresas instaladoras (BOE do 9-1-1986).

Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Renovar a Galux, a cualificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos de formación de instaladores de gas, de conformidade co establecido no capítulo III da Orde do 17 de decembro de 1985, en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para imparti-los cursos, presentará perante a delegación provincial de Industria e Comercio da provincia correspondente, fotocopia da presente resolución, táboa de tarifas e programación de cursos previstos.

Para efectos estatísticos e de control, presentará nas delegacións provinciais de Industria e Comercio onde exerza a súa actividade, unha memoria anual de actuacións e nesta dirección xeral un resumo destas na Comunidade Autónoma.

Esta autorización deberase renovar ós 2 anos, para o que acreditará perante esta dirección xeral de Industria, o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 1996.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

0702