Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 1996 Páx. 1.034

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (38/1995).

Eu, Ana Isabel Villar Fernández, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Noia e o seu aprtido, dou fe de que nas dilixencias de xuízo de faltas nº 38/1995, sobre

lesións en agresión, se dictou a sentencia cunha decisión como segue:

Que debo absolver e absolvo a José Manuel Rodríguez Agrafojo dos feitos enxuizados nas presentes actuacións, declarando de oficio as custas procesuais ocasionadas.

Notifíquese esta resolución ás partes con indicación de que non é firme e poden interpor recurso de apelación no prazo de cinco días, contados desde o seguinte á súa notificación, ante este xulgado perante a Audiencia Provincial da Coruña. Este recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos Arts. 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que lle sirva de notificación ó denunciante, José Manuel Rúa Sendón, en paradoiro descoñecido, expido e asino este edicto en Noia, tres de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

175