Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 1996 Páx. 1.034

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (159/1994).

Jorge Villar Trabazos, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela dá fe de que no xuízo de faltas 159/1994 se dictou título executivo cunha parte dispositiva que di como segue:

«Que debía determinar e determino como cantidade líquida máxima que pode reclama-la prexudicada Cristina Martínez Martínez polos danos e prexuízos sufridos a consecuencia do accidente que se describe no punto segundo dos feitos deste auto a de setecentas cincuenta mil pesetas (750.000) cantidade que terá que satisface-la compañía aseguradora Previsión Española con cargo a certificado de seguro número 30.008.647-6.

Expídase testemuño deste auto, para os exclusivos efectos de constituír título executivo, conforme as disposicións legais vixentes e fágaselle entrega deste á prexudicada. Asinado: Manuel Pérez Echenique. Xuíz. Jorge Villar Trabazos. Secretario».

E para que lle sirva de notificación á prexudicada Cristina Martínez Martínez expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o doce de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

156