Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 1996 Páx. 1.035

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación de remate (469/1995).

En cumprimento do acordado en resolución do día da data no xuízo executivo nº 469/1995, que se segue neste xulgado a pedimento de Banco Gallego, S.A., representado polo procurador Caamaño Queijo, contra María Luz Iglesias Santasmarinas, por medio da presente cédula cítase de remate a María Luz Iglesias Santasmarinas, da que o domicilio actual se descoñece, para que no termo de nove días compareza en autos e se opoña á execución se lle conviñese, coa prevención de que, de non facelo, será declarada en rebeldía, e seguirá o xuízo o seu curso sen facerlle máis notificacións e citacións cás que a lei determine.

Faise constar que se practicou o embargo de bens suficientes como da súa propiedade, sen previo requirimento de pagamento, por ignorarse o seu paradoiro.

E para que lle sirva de citación de remate a María Luz Iglesias Santasmarinas, expido a presente cédula que asino e selo en Santiago de Compostela o dezaoito de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

165