Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 1996 Páx. 1.035

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (103/1995).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela dá fe de que nos autos de xuízo executivo nº 103/1995 seguidos neste xulgado se dictou sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o vintenove de decembro de mil novecentos noventa e cinco. Vistos por Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela e o seu partido os presentes autos de xuízo executivo nº 103/1995 promovidos por Banco Central Hispanoamericano S.A. representado polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes e defendido pola letrada Sonia Rodríguez Arroyo contra Juan Pascual Carballo e Concepción Tajes Fiúza declarados en rebeldía sobre reclamación de 1.047.549 pesetas de principal máis 500.000 calculadas para xuros custas e gastos.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución ata facer remate cos bens embargados e que no sucesivo se lle poidan embargar ós debedores Juan Pascual Carballo e Concepción Tajes Fiúza e co seu producto enteiro e cumprido pagamento ó acredor da cantidade de 1.047.549 pesetas importe do principal reclamado máis 500.000 pesetas calculadas para xuros gastos e custas causadas e que se causen as cales expresamente lle impoño á parte

demandada. Expídase e únaselles certificación desta resolución ás actuacións con inclusión da orixinal no libro de sentencias. Contra esta resolución cabe interpor ante este xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a notificación ás partes. Así por esta miña sentencia que pola rebeldía do demandado se notificará na forma e modo que a lei prevén para os rebeldes definitivamente xulgando pronúncioo mándoo e asínoo».

E para que conste e lles sirva de notificación ós demandados Juan Pascual Carballo e Concepción Tajes Fiúza mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia expido o presente edicto en Santiago de Compostela o oito de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

623