Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 1996 Páx. 1.033

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 31 de xaneiro de 1996 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e nos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde.

Convocada, pola Orde do 21 de decembro de 1995 (DOG nº 5, do 8 de xaneiro de 1996), a provisión,

polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e nos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre desig

nación, de postos de traballo vacantes nos servicios periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e nos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde, anunciada pola Orde do 21 de decembro de 1995 (DOG nº 5, do 8 de xaneiro de 1996).

Segundo.-Adxudicarlles destino, no posto de traballo que se indica, ós funcionarios que se relacionan no anexo á presente orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, despois de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 1996.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO:

Apelidos e nome: Valcárcel Teijeiro, Néstor.

N.R.P.: 3276642568 A2060.

Grupo: A.

Nivel C.D.: 28.

Corpo ou clase: superior da Xunta de Galicia.

Posto de traballo: xefe de Servicio de Recursos e Reclamacións.

Dependencia: Dirección Xeral de Recursos Humanos.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Costas Davila, Mª Eugenia.

N.R.P.: 3596833213 A2051.

Grupo: B.

Nivel C.D.: 28.

Corpo ou clase: Xestión da Administración da Xunta de Galicia.

Posto de traballo: xefe de Servicio de Xestión Económica.

Dependencia: Delegación Provincial.

Localidade: Vigo.

139