Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 1996 Páx. 1.033

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 25 xaneiro de 1996 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes na Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciada pola Orde do 30 de novembro de 1995.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes na Consellería de Agricultura, Gandería e Montes pola Orde do 30 de novembro de 1995 (DOG nº 238, do 14 de decembro de 1995), en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, e na disposición sexta da dita orde, e demais normativa vixente, esta consellería,

ACORDA:

Primeiro.-Resolve-la citada convocatoria conforme se describe no anexo desta orde, adxudicándolles destino, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se citan.

Segundo.-O cesamento no actual destino dos funcionarios que obteñan praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. A toma de posesión das prazas adxudicadas deberase realizar no prazo dos tres días seguintes

ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que actualmente prestan os seus servicios os funcionarios, ou no prazo dun mes, tratándose de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Real decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-As xefaturas de persoal dos centros nos que causen baixa os funcionarios, así como os daqueles nos que obteñan praza, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión, respectivamente, e efectuaranse acto seguido os trámites necesarios para a entrada en nómina, conforme dispón a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 28 de novembro de 1983.

Trasladaranse as dilixencias efectuadas, mediante copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarto.- Contra esta orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo nos termos e prazos sinalados na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, logo da comunicación a esta consellería conforme o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 1996.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

ANEXO I

Nº.R.P.GrupoApelidos e nomePosto de traballoNivelLocalidadeDependencia

0414734713 A2066APastor Rey de Viñas, Juan CarlosSub. Xeral Def.

Contra Inc. For.

30Santiago de

Compostela

Direc. Xeral

Montes e Man

1654990624 A2063AHernández Lafuente, BelénXefe servicio

Infraest. Rural

28Santiago de

Compostela

Direc. Xeral

Estr. e D.R.

3241198768 A0115BGarcía Eive, José ManuelXefe Serv. Def.

Calidad Agroal.

28Santiago de

Compostela

Dir. Xeral

Prod. Agrop. e I.A.

0032941157 A2063AHernáez Ruiz, José FélixXefe Servicio

Supervi. Proxectos

28PontevedraDelegación

provincial

95-0744