Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 1996 Páx. 1.024

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 1995, da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, pola que se determinan as entidades financeiras que poden ostenta-lo carácter de entidades colaboradoras na xestión recadatoria dos tributos cedidos.

Por Decreto 128/1985, do 27 de xuño, (DOG do 5 de xullo), convalidáronselle-las autorizacións concedidas polo Ministerio de Economía e Facenda ás entidades financeiras para ostenta-lo carácter de entidades colaboradoras, a efectos da recadación dos tributos cedidos á Comunidade Autónoma, establecendo a necesidade de designar quen podía ostentar tal condición. As entidades colaboradoras autorizadas deberían apertura-la conta coa denominación Tesouro Facenda Pública Galega, conta restrinxida da delegación territorial da Consellería de Economía e Facenda de para a recadación de tributos cedidos, na que deberán levar contas distintas para as declaracións-liquidacións e para liquidacións notificadas.

Por outra parte, o Art. 78.2º do Regulamento xeral de recadación, aprobado por Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, e modificado parcialmente polo Real decreto 448/1995, do 24 de marzo, establece a necesidade de determinar por parte do departamento de recadación a forma e con

dicións de prestación do servicio ás que teñen de cinguirse as entidades colaboradoras na recadación, así como a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo de autorización para presta-lo dito servicio.

Por todo iso, teño a ben dicta-la seguinte resolución:

Primeiro.-Autorízanse as entidades financeiras que a continuación se relacionan, para actuar como entidades colaboradoras na xestión recadatoria dos tributos cedidos á Comunidade Autónoma, con suxeición ó establecido no artigo 78 e demais aplicables do Regulamento xeral de recadación.

Nº rexistroEntidades colaboradoras

01Banco Atlántico

02Deutsche Bank

03Banco Español de Crédito

04Banco Etcheverría

05Banco Herrero

06Banco Gallego

07Banco Simeón

08Banco Central Hispano

09Banco del Comercio

10Banco Mapfre

11Barclays Bank

12Banco Pastor

13Banco Popular Español

14Banco de Santander

15Banco de Galicia

16Banco Zaragozano

17Banco Exterior de España

18Banco Credit Lyonnais España

19Banco Urquijo

20Banco de Asturias

21Citibank España

22Bankinter

23B. Industrial Mediterráneo

24Banque National Paris España

25Banco Bilbao Vizcaya

26Banco Hipotecario

27Caja Postal

28Cajamadrid

29Caja Ahorros Prov. Ourense

30Caja Ahorros Prov. Pontevedra

31Caja Ahorros Munic. de Vigo

32Caja de Ahorros de Galicia

33Caja España

34La Caixa

35Caja Rural Prov. de Lugo

Segundo.-Os ingresos realizaranse en contas restrinxidas abertas nas entidades citadas, tituladas Tesouro Facenda Pública Galega - Conta restrinxida de colaboración na recadación da delegación territorial da Consellería de Economía e Facenda de as entidades colaboradoras levarán contas distintas para as declaracións-liquidacións e para liquidacións notificadas.

Terceiro.-As entidades colaboradoras autorizadas, deberán comunicarlle a esta dirección xeral o número de identificación das contas abertas no ámbito de cada unha das delegacións territoriais da Consellería de Economía e Facenda. Igual comunicación deberán cursar ó servicio de tesourería da delegación territorial en que se localicen.

Cuarto.-Así mesmo poderán satisfacerse a través destas entidades colaboradoras autorizadas, os tributos propios e outros ingresos de dereito público da Comunidade Autónoma, cando a normativa específica pola que se regulamenten así o estableza.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse, de conformidade co disposto polo artígo 114 de la Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso ordinario diante do conselleiro de Economía e Facenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Esta resolución producirá efectos a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Miguel Angel Sainero Caballero

Director xeral de Política Financeira e do Tesouro

95-0647