Con data do 17 de xaneiro do 1996 o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda aprobou o proxecto de trazado da nova estrada de enlace desde a C-534 ata a N-550. Treito: A Rocha-Vidán. Clave: N/AC/90.6.
Os bens e dereitos en que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.
A competencia para efectua-la declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo 2 do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, considerándose xustificada a referida declaración por estar incluída nas actuacións programadas na rede arterial de Santiago de Compostela e pola súa incidencia na seguridade vial.
En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de Autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación co previsto no artigo 8 da Lei 25/1988 do 29 de xullo, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecinco de xaneiro de mil novecentos noventa e seis,
DISPOÑO:
Artigo único.-Declara-la utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios e que se concretan no expediente administrativo instruído para efectos de expropiación no proxecto de trazado da nova estrada de enlace desde a C-534 ata a N-550. Treito: A Rocha-Vidán. Clave: N/AC/90.6.
Santiago de Compostela, vintecinco de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
José Cuíña Crespo
Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda
95-0648