Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 1996 Páx. 1.026

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 36/1996, do 25 de xaneiro, polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras de supresión de interseccións a nivel na estrada Atios-Salceda de Caselas-Salvaterra de Miño. Clave: N/PO/89.4.1.

Con data do 17 de xaneiro do 1996 o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda aprobou o proxecto da obra de supresión de interseccións a nivel na estrada Atios-Salceda de Caselas-Salvaterra do Miño. Clave: N/PO/89.4.1.

Os bens e dereitos en que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectua-la declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo 2 do Decreto 156/1982 do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, considerándose xustificada a referida declaración por estar incluída nas actuacións programadas na rede arterial de Santiago de Compostela e pola súa incidencia na seguridade vial.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación co previsto no artigo 8 da Lei 25/1988 do 29 de xullo, a propuesta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día, vintecinco de xaneiro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declara-la utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios e que se concretan no expediente administrativo instruído para efectos de expropiación no proxecto da obra de supresión de interseccións a nivel na estrada Atios-Salceda de Caselas-Salvaterra de Miño. Clave: N/PO/89.4.1.

Santiago de Compostela, vintecinco de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

673