Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 1996 Páx. 1.026

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 29 de xaneiro de 1996, sobre delegación de competencias no presidente do ente público Portos de Galicia.

A actividade do ente público Portos de Galicia, adscrito á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, aconsella recorrer á delegación no presidente do ente da función de outorga-las concesións e autorizacións por ocupación do dominio público adscrito á Comunidade Autónoma dentro do recinto portuario, atribuída á citada consellería, para facilita-la axilización necesaria que redunde tanto en beneficio da consellería como dos administrados, dentro do respecto das garantías xurídicas que a tutela dos intereses públicos esixe.

O artigo 20 do Regulamento do ente público Portos de Galicia dictado en desenvolvemento da Lei 5/1994, do 29 de novembro, establece as competencias da Consellería de Política Territorial, Obras

Públicas e Vivenda en materia de portos e que estas, agás as establecidas na letra d) en materia de expropiación forzosa, poderán delegarse no presidente.

Na súa virtude e de acordo co disposto no artigo 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Delegar no presidente do ente público Portos de Galicia a competencia atribuída á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no artigo 20 do Regulamento do ente público, apartado e).

Artigo 2º.-As resolucións administrativas que se adopten facendo uso da delegación contida na presente orde, farán constar expresamente esta circunstancia e consideraranse dictadas pola autoridade que as conferiu.

Artigo 3º.-En calquera momento, o conselleiro poderá reclama-lo exercicio da competencia que é delegada por esta orde.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 1996.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

606