Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 07 de febreiro de 1996 Páx. 1.012

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 1995, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, pola que se resolve a clasificación do monte de Couso, pertencente ó lugar de Couso, parroquia de Guláns, concello de Ponteareas.

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común,

Decreto 260/1992, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise constar que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra dictou a seguinte resolución:

Na cidade de Pontevedra, sendo as dezasete horas do día vinteún de novembro de mil novecentos noventa e cinco, nos locais da Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, logo de citación para o efecto, reúnese o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común coa asistencia das seguintes persoas:

-Presidente: José Luis Díez Yáñez.

-Vicepresidente: José Juan Barreiro Prado.

-Vocais:

Teodoro Arribas Serrano.

Luis Mª Muíños Vidueira.

Serafín Quinteiro Blanco.

Vocais representantes do lugar de Couso, parroquia de Guláns, Ponteareas:

Dionisio Rodríguez Pino.

Nemesio Carballido Carballido.

-Secretaria: Ramona C. Fernández Álvarez.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Por resolución do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, na súa reunión do 19-5-1992, foi clasificado como veciñal en man común o monte de Couso, do lugar de Couso, da parroquia de Guláns, do concello de Ponteareas, adxudicándolle a propiedade á comunidade de veciños do lugar de Couso, parroquia de Guláns, concello de Ponteareas, baixo a seguinte descrición:

Nome do monte: monte de Couso.

Cabida: 197 ha, aproximadamente

Lindeiros:

Norte: parroquia de Xinzo de Limia.

Sur: termo municipal de Salceda de Caselas.

Leste: parroquia de Guláns.

Oeste: termo municipal do Porriño.

Segundo.-Formulado recurso de reposición contra a antedita resolución, foi desestimado aquel e confirmada en tódolos seus termos a resolución impugnada.

Terceiro.-En virtude de sentencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 30-3-1994, que estima o recurso contencioso-administrativo interposto pola comunidade de montes de Guláns contra resolución do Xurado Provincial de Montes Veciñais en man común de Pontevedra do 23-9-1992, desestimatoria do recurso de reposición deducido contra outra do 19 de maio do mesmo ano, pola que se clasifica como veciñal en man común o monte de Couso, sito no lugar de Couso da parroquia de Guláns, do municipio de Ponteareas; foron anuladas ámbalas resolucións, por canto non se delimitaban os lindeiros do monte clasificado.

Cuarto.-Mediante escrito de Nemesio Carballido Carballido, no que constan as súas circunstancias

persoais, pedíuselle ó xurado provincial unha nova resolución que supla as omisións advertidas pola sala do contencioso en sentencia do 30-3-1994.

Fundamentos de dereito.

1. Do exame do expediente resulta acreditado que no monte de Couso, do que a titularidade escrita se remonta, cando menos, ó documento outorgado no ano 1673 relativo ó señorío do conde de Salvaterra de Miño e marqués de Villasobroso, dáse a situación prevista no artigo 1 da Lei 13/1989, do Parlamento de Galicia, e o artigo 1 do Decreto da Xunta de Galicia 260/1992, do 4 de setembro, en relación tamén co artigo 14 da Lei 4/1995, do 24 de maio, xa que con independencia da súa orixe pertence ós veciños do lugar de Couso, da parroquia de Guláns, que o veñen aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade e sen asignación de cotas, e na súa condición de veciños do dito lugar de Couso.

2. A única cuestión que se suscita no expediente é a concreción planimétrica en extensión e lindeiros e, en particular, a discutida liña do lindeiro leste do monte obxecto de clasificación. Os demais lindeiros norte, sur e oeste foron deslindados cos colindantes segundo plano presentado, lindeiro cuestionado polos titulares do monte co que estrema, San Cibrao, da parroquia de Guláns, xa clasificado coa seguinte descrición e lindeiros:

Monte de San Cibrao de Guláns, termo municipal de Ponteareas. Superificie aproximada 281 hectárea Linda, ó norte, co monte Costa de Cabernoura; leste, terreos particulares de Guláns; sur, monte Boura de Vaca e camiño de Salceda de Caselas; e oeste, termo municipal de Salceda e monte de Couso».

3. Do expediente resulta acreditado que, identificados os puntos de referencia citados na carta foral de 1673 xa aludida, Pedra das Redes, Coto do Brullo e Veiga de Chans ou Chan da Veiga, que determinan basicamente a liña perimetral do sur e leste do monte obxecto de clasificación, e os puntos intermedios, Ermida de San Martín e Penedos dos Pintos, polos restantes documentos e informes a liña divisoria co monte San Cibrao de Guláns está perfectamente determinada, completándose con outros datos físicos como son o camiño que segue parte dun dos tramos e unhas aliñacións de postes de pedra, e é dentro do perímetro descrito no que se efectúa o aproveitamento referido dos veciños de Couso.

En consecuencia, os membros do xurado, de maneira unánime, acordan a seguinte resolución:

Declarar como veciñal en man común o monte de Couso a favor dos veciños do lugar de Couso, parroquia de Guláns, concello de Ponteareas, coa descrición gráfica que se recolle na planimetría que se une á presente resolución, asinada por tódolos membros do xurado, e que forma parte inseparable dela, e que se corresponde cos seguintes lindeiros e cabida:

Nome do monte: montes de Couso.

Extensión: 197 hectáreas.

Perímetro exterior

Lindeiros:

Norte: monte veciñal en man común de Xinzo de Limia, entre o Penedo dos Pintos (extremo NE de Chan da Veiga ou Veiga do Chan) ata Costelo de Arcela e de alí cara ó oeste ata o monte da parroquia de Atios.

Sur: monte veciñal en man común da parroquia de Picoña (aliñacións de marcos 1-2-3 do deslindamento do monte veciñal en man común da parroquia de Picoña)

Leste: monte veciñal en man común da parroquia de Guláns. Desde o marco nº 3 do deslindamento do monte veciñal en man común de Picoña, ás ruínas da ermida de San Martín seguindo o camiño e logo Veiga do Chan (ou Chan da Veiga) bordeando a repoboación do consorcio do monte de Guláns (liña de postes de pedra) ata Penedo dos Pintos, ó norte de Veiga do Chan.

Oeste: monte veciñal en man común da parroquia de Atios desde onde estrema co monte de Xinzo de Limia, seguindo cara ó sur polo Lombo de Pereira ata Chandeira e de aí a Pedra das Redes.

Perímetro interior:

O perímetro interior corresponde ó enclave constituído polas vivendas e propiedades particulares dos veciños do lugar de Couso, quedando definido pola liña que se determina no plano achegado á resolución clasificatoria.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a notificación da presente resolución ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 58 da Lei reguladora da antedita xurisdicción, en relación co artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e o artigo 28 do seu regulamento, modificados os dous preceptos legais pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 5 de decembro de 1995.

José Luis Díez Yáñez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra

535